Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe na aula e instrumentos de avaliación das metodoloxías activas.

Fomentar a inclusión do alumnado a través do emprego das metodoloxías activas.


Determinar unha liña metodolóxica de actuación na aprendizaxe das matemáticas, contextualizando as actividades/retos, de xeito que sempre aprendemos para resolver unha situación concreta, e tendo en conta o alumnado con NEE.

Integrar as TIC e as metodoloxías activas, coma elementos dinamizadores, innovadores e inclusivos para o traballo cunha matemática contextualizada e funcional.



Iniciación ás metodoloxías activas. Coñecer estratexias de xestión da aprendizaxe baseadas na motivación e na autoaprendizaxe.

Planificar, deseñar e implementar propostas didácticas interactivas para fomentar a creatividade e a aprendizaxe autónoma


Afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades, baseada na indagación e evidencias, para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilizando as metodoloxías activas, coma elemento dinamizador, innovador e inclusivo.

Creación do rincón da ciencia na aula ou preto dela.

Esta Formación ten por obxectivo repensar a escola dende a transformación de espazos, de xeito que se favoreza o traballo con metodoloxías activas e inclusivas.

Con esta Formación trátase de que o profesorado identifique diferentes metodoloxías activas e inclusivas para levar a innovación á aula mediante: a transformación de espazos, a xestión de grupos e a integración das TIC.