III Encontro de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

Este III Encontro de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas pretende ofrecer a todo o profesorado unha nova oportunidade para mostrar as súas experiencias, recursos, materiais, metodoloxías, estratexias e iniciativas que favorezan a reflexión nun marco de colaboración para a innovación educativa.
A presente edición, que se desenvolverá os días 25 e 26 de abril e 2 de maio, enmarcámola entre os eixos da innovación na educación, da formación en centros, do STEM, e da convicencia escolar, temáticas que serán abordados por persoas de recoñecido prestixio.

Como núcleo central dos Encontros terá lugar a comunicación, a cargo do profesorado de todas as ensinanzas e niveis educativos, de 47 experiencias innovadoras de temáticas diversas. Delas, moitas recentemente premiadas en convocatorias tanto de ámbito autonómico como estatal.
Indicar que tódolos días teremos dúas comunicacións plenarias e logo do descanso mesas simultáneas por etapa educativa.

Mesas - obradoiros

Mesas simultáneas nos tres días con profesorado de todas as etapas educativas non universitarias.

Comunicacións

Máis de corenta comunicacións de experiencias e boas prácticas de outros tantos centros educativos da comunidade autónoma.

Innovación

Sete proxectos e experiencias premiados en diversas convocatorias de ámbito nacional e autonómico de todas das etapas educativas mencionadas.