Definindo "WebQuest"

O seu creador definíuno coma unha actividade orientada á investigación onde toda ou case tódala información que se utiliza procede de recursos da Web

"A WebQuest is an inquiry-oriented activity in which some or all of the information that learners interact with comes from resources on the internet" (Dodge, 1995)


- Iste modelo permite que o alumno elabore o seu propio coñecemento ó tempo que leva a cabo a actividade. 
- O alumno navega pola web cunha tarefa en mente. 
- O obxectivo é que empregue o seu tempo do xeito máis eficaz, usando e transformando a información e non procurándoa. (Dodge, 2001a)

Elementos dunha WebQuest

Introducción Establece o marco e adianta algunha información.
Tarefa O resultado final da actividade que o alumnado vai levar a cabo.
Proceso Indicacións paso a paso do camiño a seguir para levar a cabo a tarefa. Inclúe os recursos e o andamiaxe (scaffolding)
Recursos Selección de ligazóns ós sitios de interés para atopa-la información relevante.
As veces, iste elemento forma parte do apartado do proceso.
Evaluación Explicación de como vai ser avaliada a realización da tarefa. Está moi extendido o uso degrellas de avaliación para tal fin.
Conclusión Lembra o que se ten aprendido e anima a continuar co aprendizaxe.

 

Aspectos claves no deseño dunha WebQuest (Pérez Torres, I. 2006)

 - A Tarefa implica transformación da información. É dicir, unha WebQuest non consiste nunha simple "Caza do Tesouro" onde o alumno atopa respostas a preguntas dadas, senón que implica un proceso de investigación e transformación da información obtida.

 - As WebQuests son actividades en grupo e por roles. É dicir, dentro de cada grupo cada alumno adopta un rol distinto ó dos seus compañeiros de xeito que se deselvolve un traballo cooperativo no que cada parte é crucial.

 - Resumindo as dúas anteriores: A tarefa final implica unha actividade cooperativa de xeito que se deselvolvan procesos cognitivos de carácter superior (análise, síntese, avaliación, creación, etc.)
 - A tarefa ten que ser motivadora e corresponder con algunha actividade que nun determinado contexto sería real, por exemplo: un médico que toma unha decisión, un político que propón solucións, un consello de alumnos, pais e profes que analizan un problema, etc. (por tanto, ten que se evitar pedir que fagan un sixelo traballo e o expoñan como alumnos diante da clase).
 - A avaliación propónse en forma de matriz e nela descríbese o máis concreta e claramente posible os aspectos que se avaliarán e de que xeito e asígnaselles valores en escala depeniendo do grao de cumprimiento dos obxectivos. (Pérez Torres, I. 2006)

Tipos de WebQuest

Curta duración

Obxectivo
Adquisición e organización do coñecemento (observación, análise e síntese)

Duración
De 1 a 3 sesiones

Longa duración

Obxectivo
Extensión e procesamento do coñecemento (deducción, inducción, clasificación, abstracción, etc)

Duración
Entre 1 semana e 1 mes de clase

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 17:33