Sobre o uso do curso "Aventuras na Web"

1. Apoio ó curso presencial

O curso naceu como entorno de soporte para o curso presencial no Centro de Formación e Recursos de A Coruña en Febreiro de 2007. Neste sentido, poucas serían as axudas en-liña precisas posto que os relatores do curso encárganse de dirixi-las sesións, facer introduccións teóricas ás distintas actividades a desenvolver e as interpretacións derivadas das mesmas. Así mesmo, enténdese como unha das súas funciós a animación e moderación de posibles debates.

2. Soporte para un sistema de aprendizaxe electrónico (e-learning)

Como consecuencia do establecimento do sistema de soporte presencial, e coa idea de que servise de exemplo dos obxectivos a acadar ó remate do curso, establecéuse un sistema secuencial nos contidos e as actividades a desenvolver. Trátase de que a estructuración sexa axeitada para que alguén poida afronta-los mesmos obxectivos de xeito autónomo.

Seguimento do curso
O único preciso é segui-los contidos presentados un a un e na mesma orde que os distintos módulos presentan. De calquera xeito, cada unidade é autónoma en sí mesma e pode ser abordada con independencia dos demáis, agás no caso dos dous módulos nos que se tratan as WebQuest.

Autoavaliación
Tódalas actividades presentadas son autoavaliables. Ó remate das mesmas é posible acceder ós resultados por parte de cada usuario. Desde xeito cada quen pode ver o grao de aproveitamento dos contidos desenvolvidos.

Foros
É interesante a participación nos foros. Isto permite que todos participen na adecuación dos contidos presentados e na resolución de erros, problemas de secuenciación, etc.
Ademáis, as posibles dificultades dun usuario poden ser resoltas polos seus compañeiros establecéndose unha interesante relación colaborativa, un dos eixos nos que se sustentan os sistemas de aprendizaxe electrónica.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 17:33