Introducción
O seu creador definíuno coma unha actividade orientada á investigación onde toda ou case tódala información que se utiliza procede de recursos da Web
|
- Iste modelo permite que o alumno elabore o seu propio coñecemento ó tempo que leva a cabo a actividade.
- O alumno navega pola web cunha tarefa en mente.
- O obxectivo é que empregue o seu tempo do xeito máis eficaz, usando e transformando a información e non procurándoa. (Dodge, 2001a)Elementos dunha WebQuest
Introducción | Establece o marco e adianta algunha información. |
Tarefa | O resultado final da actividade que o alumnado vai levar a cabo. |
Proceso | Indicacións paso a paso do camiño a seguir para levar a cabo a tarefa. Inclúe os recursos e o andamiaxe (scaffolding) |
Recursos | Selección de ligazóns ós sitios de interés para atopa-la información relevante. As veces, iste elemento forma parte do apartado do proceso. |
Evaluación | Explicación de como vai ser avaliada a realización da tarefa. Está moi extendido o uso degrellas de avaliación para tal fin. |
Conclusión | Lembra o que se ten aprendido e anima a continuar co aprendizaxe. |
Aspectos claves no deseño dunha WebQuest (Pérez Torres, I. 2006)
- A Tarefa implica transformación da información. É dicir, unha WebQuest non consiste nunha simple "Caza do Tesouro" onde o alumno atopa respostas a preguntas dadas, senón que implica un proceso de investigación e transformación da información obtida. |
- As WebQuests son actividades en grupo e por roles. É dicir, dentro de cada grupo cada alumno adopta un rol distinto ó dos seus compañeiros de xeito que se deselvolve un traballo cooperativo no que cada parte é crucial. |
- Resumindo as dúas anteriores: A tarefa final implica unha actividade cooperativa de xeito que se deselvolvan procesos cognitivos de carácter superior (análise, síntese, avaliación, creación, etc.) |
- A tarefa ten que ser motivadora e corresponder con algunha actividade que nun determinado contexto sería real, por exemplo: un médico que toma unha decisión, un político que propón solucións, un consello de alumnos, pais e profes que analizan un problema, etc. (por tanto, ten que se evitar pedir que fagan un sixelo traballo e o expoñan como alumnos diante da clase). |
- A avaliación propónse en forma de matriz e nela descríbese o máis concreta e claramente posible os aspectos que se avaliarán e de que xeito e asígnaselles valores en escala depeniendo do grao de cumprimiento dos obxectivos. (Pérez Torres, I. 2006) |
Tipos de WebQuest
Curta duración |
Obxectivo |
Duración |
Longa duración |
Obxectivo |
Duración |