Foro de Presentacións.
Ola a tod@s! Son Bea, mestra dos nenos e nenas de 5 anos do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso. Ánimo co curso que seguro que nos é moi útil!!!!Estou desexando levalo á práctica!!! Bicos
Son Ana, titora da aula de tres anos no CEIP Sanjurjo de Carricarte. Teño 25 fermosos bichiños aos que pronto lles presentarei á xoaniña Juanita.Vémonos nun anaco!
do colexio C.P.I. Castro Baxoi de Miño.
Ola a todos e todas. Chámome Marta e son titora dun grupo de 20 nen@s de 3 anos no CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. Estou moi ilusionada co curso xa que estou descubrindo unha faceta fundamental na formación e aprendizaxe dos nosos/as alumnos/as. De momento estame deixando un bo sabor de boca. Espero que o disfrutedes tanto coma min. Un saúdo.
OLA!!!
Eu son Isa, mestra da escola de Vilarrodís en Arteixo e teño a 20 pequech@s de 5 anos.
Ánimo que xa estamos a venres!!
Ola! Son Chus do ceip San Pedro de Visma. Son titora de 5 anos A, temos na aula 17 nenos de distintas linguas e culturas.Este ano incorporáronse a aula dous nenos de idioma europeo, aínda non ao mes xa eran quen de entender e facerse entender. En fin que os nenos sempre nos sorprenden agradablemente. En canto ao curso ven ben de cando en vez desempolvar os coñecementos que temos no fondo do baúl, incluso sendo así abraíanos.
Un saúdo e espero vervos os próximos días
Ola a tod@s. Chámome Sagrario e son mestra dun grupo de 24 pitiños de 4 anos no c.e.i.p. María Pita.
Vemonos o mércores . Biquiños
Boa fin de semana!
Xa nos vemos nos vindeiros días , para seguir aprendendo e coñecendo outras formas de facer na aula. Saúdos
Bo día e bo comezo de semana!
Por pouco me esquezo de presentarme. Son Maite Otero, profesora de apoio á Educación Infantil no Ceip Sanjurjo de Carricarte. Eu xa fixera hai anos un curso con Ángelica Sátiro e gustárame moito por iso quixen volver recordar esta experiencia e espero poñela en práctica como algo cotiá na miña práctica diaria.
Unha aperta.
MAITE OTERO
Por fin entrei, son Yolanda Sánchez González , profe da EEI de Areas, situada no concello de Paderne, pola estrada que vai para Monfero. Son a profe de 14 nen@s de 3, 4 e 5 .
Vémonos esta tarde;vou ir pechando persianas , porta ,etc e espabilando, senón marcho ás tantas da escola.
Hola a todas e todos, aínda que todos sexan poucos.
Son Miriam e son profe de Infantil de 3 anos no cole Ponte dos Brozos de Arteixo. Ate agora era mestra de Inglés pero dende que empecei a miña andadura na profesión, estiven sempre ligada á Infantil, sendo co-titora de 4 anos en Portosín, titora en primeiros de primaria e finalmente, sendo a "teacher" do CEIP Labarta Pose, onde lembro moi boas relacións cos mestres de Infantil, curiosamente no pabillón onde estaba miña aula solotaria no segundo andar. Boto de menos a miña primixenia especialidade, pero os cambios son para ben, e ísto me permite aprender de novo, ser creativa metodolóxicamente e enriquecerme da posibilidade de verme como titora nun proxecto amplo cun grupo clase. Estou entusiasmada e por iso decidín apuntarme ao curso...POR APRENDER máis.
Saudos a todos, a nos vemos á tarde. Case que non chego ao foto de presentaciós. Marzo é moi lioso...
Miryam Pardo
Hola, soy Isabel Lorenzo del colegio Bergantiños de Carballo, llevé una sorpresa cuando leí que trabajamos en la unitaria de Berdillo, porque yo vivo muy cerca........
Un saludo
Ola!
Chámome María e son titora de 2ºB de E. Primaria, no colexio Sagrada Familia da Coruña.
Son das que opina que nunca se sabe dabondo por iso veño a este cursiño, para aprender a pensar eu, e tamén para aprender a ensinar a pensar os meus cativos.
Estame gustando moito.
Grazas.
por fin logro entrar no foro :D
son Mada, traballo na EEI VILARRODIS-OSEIRO este ano estou de apoio e levo a dirección.
Estou contenta co curso porque considero que nos da ideas e nos abre portas para mellorar a nosa práctica. Pensar é imprescindible para aprender..
unha aperta!
Ola a todos/as e eu son Lydia, mestra no colexio Concepción Arenal aquí na Coruña. Estou moi contenta de poder facer este curso para podelo poñer en practica nas nosas aulas. Estou de apoio neste cole asi que paso polas aulas de 3-4 e 5 anos. Eu xa fixera un curso con Angelica Sátiro, e como as miñas neuronas estan vagas teño que poñelas a andar. Bicos para todos/as.
Moito ánimo coa práctica.
Vémonos o xoves!
Soy Julita Castro del Puerto.
Trabajo en el colegio Alborada con un grupo de 4 años.Quiero aprender mucho con todos.Saludos
Ola a tod@s! Son María, mestra de nenas e nenos de 3 anos do CEIP Salgado Torres de A Coruña. Esta semana tentarei traballar coas miñas nenas e nenos as prácticas tan interesante que estamos aprendendo neste curso. Desexádeme sorte!!! Xa vos contarei. Bicos
No olvides centrarte en alguna habilidad de pensamiento que te interese reforzar, para hacer un trabajo filosófico en profundidad :)
Abrazos