Creación de contidos en Moodle.

Creación de contidos en Moodle

Ademáis deste curso "aventuras na web", na páxina de entrada ós cursos aparecen, unha vez que entras no sistema coa túa conta de usuario, outro curso chamado "Caixón de area". en realidade trátase dun espazo de adestramento na creación de contidos e actividades. Os módulos (ou temas) dese curso teñen o nome dos asistentes ó curso.

1. Escolle o que ten o teu nome e edita algún contido. Podes practicar creando unha pequena unidade didáctica incluíndo se queres algún tipo de actividade.

2. Crea un arquivo de texto no escritorio do teu ordenador cunha invitación a visita-la túa unidade, incluíndo unha ligazón o enderezo electrónico dalgunha actividade ou contido, e súbeo como resultado desta actividade.

 -oOo-

Lembra que podes usa-lo sistema de Axudas de Moodle:

       Moitas veces, durante a utilización da plataforma, atoparemos a icona Icona Axuda (unha interrogación dentro dun círculo). Esta icona é unha ligazón ó sistema de axudas de Moodle.

       Ó facer clic sobre a icona de axuda ábrese unha nova fiestra amosando unha entrada referente ó elemento polo que se ten preguntado. Despois de ler a entrada, o usuario ten que pecha-la fiestra premendo en "Pechar esta fiestra" ou acceder ó resto de entradas do sistema de axudas facendo clic en "Índice de tódolos arquivos de axuda".

Axuda