O curso Comunicación, oratoria e presentación de proxectos pretende que o profesorado sexa quen de comunicarse con coherencia. Tamén busca dotar de estratexias ao profesorado para que capten a atención do alumnado, o motiven e consigan clases máis dinámicas. E que apliquen estas técnicas na presentación de proxectos.