Este curso pretende avanzar no modelo de biblioteca escolar do s. XXI, entendida como laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar na que se promoven multialfabetismos, creatividade, comunicación e colaboración.

O curso buscar amosar recursos que contemplen os multialfabetismos e sexan inclusivos no contexto dun proxecto documental integrado ou outros proxectos colaborativos dirixidos a toda a comunidade educativa.