O vaso dos eloxios


Levamos a cabo esta actividade, na clase de terceiro, para traballar a autoestima:

1º Presentamos a actividade e falamos sobre o que pretendiamos acadar.

2º Realizamos a actividade plástica para confeccionar o noso vaso a partires dunha botella de plástico que reciclamos e

    decoramos  para facer o noso vaso.   

3º Durante varios días fumos dedicando 20 minutos a completar a actividade que consistiu en escribir algo positivo, de 

     xeito individual e anónimo, sobre o compañeiro ou compañeira que correspondía; podía ser referente ao seu aspecto

    físico, a súa personalidade ou algún feito que realizara nalgunha ocasión e que nos agradou.

4º Por último cada neno ou nena protagonista tiña que ler en voz alta cada unha das mensaxes.



Valoración da actividade

A actividade resultou moi motivadora para os nenos e nenas. Gústoulles moito o traballo plástico pero, sobre todo, as distintas actividades de expresión escrita e oral que implicaba a actividade. Era moi agradable ver a cara do protagonista cando lía as mensaxes que lle adicaban os compañeiros e compañeiras, de feito moitos deles quixeron levalos para a súa casa!

Axudoume tamén a min, como titora, a coñecer mellor aos meus alumnos e alumnas e as relación entre eles.













Última modificación: mércores, 18 de maio de 2022, 9:47 AM