Aceptar que os sentimentos e as emocións deben ser regulados inclúe:

-A regulación da impulsividade (ira, violencia, comportamentos de risco).

-A tolerancia á frustración para previr estados emocionais negativos (ira, estrés, ansiedade, depresión).

-Perseverar no logro dos obxectivos a pesar das dificultades.

-A capacidade para diferir recompensas inmediatas a favor doutras máis a longo prazo pero de orden superior, etc.

Algunhas estratexias básicas para a regulación das emocións son:

1. Identificar, poñerlle nome ás emocións.

2. Pedir axuda a outras persoas: pais e nais, mestres, amigos/as...

3. Ir a un lugar tranquilo, de calma, onde poidamos: respirar pausadamente, relaxarnos, debuxar, escoitar música,... e pensar nas mellores solucións.

Que é a regulación emocional? na web Coaching Camp

A importancia da regulación emocional, na web La mente es maravillosa

Habilidades para a regulación emocional, na web Psicoeuropa

Obxectivos e contidos na regulación emocional, Junta de Andalucía, páxina 7.

Sistema límbico: a parte emocional do cerebro, na web Psicología y mente.

Guía de intelixencia emocional para pais, pdf 19 pxs, Centro de Psicoloxía Álava Reyes.

A autorregulación: guía para pais, 8 pxs, Anne Fundació.

Xestionar as emocións coa ruleta da calma, vídeo en youtube, 7 min. Explica de modo ameno as principais técnicas de regulación.

Última modificación: martes, 21 de novembro de 2023, 9:36 AM