Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS

E

Eixe de Acción

O eixe de acción é unha liña imaxinaria que une os ollos de dúas personaxes que falan entre si. Tamén pode marcar a dirección de movemento dunha personaxe ou dun vehículo.

Se nos saltamos o eixe, o espectador corre o risco de perder a orientación e a ubicación ou dirección das personaxes e incluso perderse a historia.

Para evitar o salto de eixe, debemos ter en conta a chamada regra dos 180 graos.  Esta regra consiste en trazar unha líña imaxinaria entre as dúas personaxes.  Para non saltarnos o eixe, podremos situar a cámara en calquera posición, pero sempre dentro do mesmo eixe.

se





G

Gran Plano Xeral

Inténtase encadrar a mayor parte posible da escena, e nel apenas se distinguen as figuras humanas. Serve para situar a escena e as personaxes.

gpx


P

Plano Aéreo

Plano Cenital levado ao extremo por mor da utilización da cámara dun dron

pa


Plano Americano ou 3/4

O encadre vai dende a cabeza (pode ter aire por riba) ata un pouco por riba ou por debaixo dos xeonllos. Denomínase “americano” porque xurdíu no xénero do Western; xa que neste xénero era necesario que se vise cómo os pistoleiros e bandidos desenfundan as súas pistolas. 

Americano


Plano Cenital

É básicamente un picado pero levado ao extremo, de forma que a personaxe quede completamente abaixo da cámara. Tamén suxire debilidade e inferioridade.

cenital


Plano Contrapicado

Considérase contrapicado cando a cámara está por debaixo dos ollos da personaxe, pero apuntando a estes. Dá unha sensación de superioridade, poder da personaxe cara ao espectador.

Contrapicado


Plano de Situación

Parecido ao plano xeral pero algo máis fechado. Neste plano sitúase o actor nunha zona máis achegada á cámara que o resto de suxeitos ou obxectos. Trátase dun plano onde as características das personaxes son máis perceptibles; tamén se utiliza para conversacións entre varias persoas.

PS


Plano Detalle

Este plano permítenos amosar obxectos, partes do corpo do actor ou dalgún ser vivo. Por exemplo, centrarse nas mans e amosar a súa máxima expresión con detalle.

Sóese utilizar cando se quere destacar algún obxecto concreto dentro da trama. Por iso é un tipo de plano moi narrativo. Imaxina o típico plano dun papel que se cae ou un asasino que esquece algunha proba no lugar do crime.

pd



Plano Dorsal

É un plano cinematográfico no que se amosa o lombo do protagonista. Adoita ser un plano de seguimento, utilizado para dar sensación de misterio e incluso medo. O plano dorsal introdúcenos dentro dunha escena chea de tensión onde sabemos que algo está a punto de suceder.

tipos planos cinematográficos plano dorsal


Plano Enteiro ou Figura

É un tipo de plano onde se encadra exactamente ao suxeito. O límite superior do encadre e o inferior coinciden coa cabeza e pes do actor ou actriz. Pode ter espazo por arriba e por abaixo.

PE



Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS