GLOSARIO CINEMATOGRÁFICO
A elección dos planos afecta de una forma distinta a unha escea, tanto narrativamente como expresivamente. Ao coñecer a tipoloxía de planos, lograrás entender mellor a linguaxe cinematográfica e en consecuencia transmitir correctamente o que queres contar coa túa película ou curtametraxe. Os tipos de planos no cine divídense, principalmente, segundo a porción de escena que incluimos no encadre, o ángulo desde o que se graba a imaxe e o punto de vista
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
E |
---|
G |
---|
Gran Plano XeralInténtase encadrar a mayor parte posible da escena, e nel apenas se distinguen as figuras humanas. Serve para situar a escena e as personaxes. | ||
P |
---|
Plano AéreoPlano Cenital levado ao extremo por mor da utilización da cámara dun dron | ||
Plano Americano ou 3/4O encadre vai dende a cabeza (pode ter aire por riba) ata un pouco por riba ou por debaixo dos xeonllos. Denomínase “americano” porque xurdíu no xénero do Western; xa que neste xénero era necesario que se vise cómo os pistoleiros e bandidos desenfundan as súas pistolas. | ||
Plano CenitalÉ básicamente un picado pero levado ao extremo, de forma que a personaxe quede completamente abaixo da cámara. Tamén suxire debilidade e inferioridade. | ||
Plano ContrapicadoConsidérase contrapicado cando a cámara está por debaixo dos ollos da personaxe, pero apuntando a estes. Dá unha sensación de superioridade, poder da personaxe cara ao espectador. | ||
Plano de SituaciónParecido ao plano xeral pero algo máis fechado. Neste plano sitúase o actor nunha zona máis achegada á cámara que o resto de suxeitos ou obxectos. Trátase dun plano onde as características das personaxes son máis perceptibles; tamén se utiliza para conversacións entre varias persoas. | ||
Plano DetalleEste plano permítenos amosar obxectos, partes do corpo do actor ou dalgún ser vivo. Por exemplo, centrarse nas mans e amosar a súa máxima expresión con detalle. Sóese utilizar cando se quere destacar algún obxecto concreto dentro da trama. Por iso é un tipo de plano moi narrativo. Imaxina o típico plano dun papel que se cae ou un asasino que esquece algunha proba no lugar do crime. | ||
Plano DorsalÉ un plano cinematográfico no que se amosa o lombo do protagonista. Adoita ser un plano de seguimento, utilizado para dar sensación de misterio e incluso medo. O plano dorsal introdúcenos dentro dunha escena chea de tensión onde sabemos que algo
está a punto de suceder. | ||
Plano Enteiro ou FiguraÉ un tipo de plano onde se encadra exactamente ao suxeito. O límite superior do encadre e o inferior coinciden coa cabeza e pes do actor ou actriz. Pode ter espazo por arriba e por abaixo. | ||