O eixe de acción é unha liña imaxinaria que une os ollos de dúas personaxes que falan entre si. Tamén pode marcar a dirección de movemento dunha personaxe ou dun vehículo.
Se nos saltamos o eixe, o espectador corre o risco de perder a orientación e a ubicación ou dirección das personaxes e incluso perderse a historia.
Para evitar o salto de eixe, debemos ter en conta a chamada regra dos 180 graos. Esta regra consiste en trazar unha líña imaxinaria entre as dúas personaxes. Para non saltarnos o eixe, podremos situar a cámara en calquera posición, pero sempre dentro do mesmo eixe.