• Emisión de Radio Online

    Recursoseducativos.net ofrece un servizo de emisión de radios online, en directo e en tempo real, para empregalas nas aulas con finalidade educativa.

    Deste xeito tanto a radio dun centro educativo como de calquera usuario rexistrado, poderá emitir online, en directo, e ser escoitada en calquera parte do mundo; empregando un reproductor que se pode inserir en calquera web ou blog.

    Emitir online desde o meu ordenador

    Para poder emitir o son que se xera no ordendor, e que este se envíe ó servizo de radio online de recursoseducativos.net, precisas instalar un programa en dito equipo que permita a transmisión de son (co protocolo shoutcast v2).

    Un dos máis sinxelos é BUTT que podes descargar gratuitamente na seguinte ligazón:

    https://sourceforge.net/projects/butt/

    2 - Abre o programa Butt e preme en settings.

    a

    3 - Na lapela - Main - en - Server settings - preme ADD para engadir un novo servidor. Unha vez remates aparecerá no despregable para escollelo sempre que queiras (se só tes ese será o escollido por defecto)

    a

    4 - Completa os diferentes campos que atopaches no apartado -as miñas radios- en recursoseducativos.net. Indica tamén un nome (name) que será o que aparecerá no despregable.

    aa

    Preme en GARDAR cando remates para gardar os cambios.  Butt xa estará listo para comezar a emitir online.


    Iniciando unha emisión online

    bb

    Para comezar a emitir online, e que se reproduza nos navegador que teñas incluído na web/blog, ou na url directa do stream, tan só tes que premer esta icona (asegurándote de que no despregable teñas escollida a túa radio)

    Se non conecta pode deberse a algunha destas causas:

    • Os datos introducidos son incorrectos (revísaos no apartado -a miña radio- en recursoseducativos.net)
    • O servidor non están activo e listo para emitir, compróbao no apartado -a miña radio- en recursoseducativos.net, e reiníciao (tal como se explicou anteriormente) desde a opción dispoñible.

    Se segues tendo problemas coméntao a info@recursoseducativos.net

    Para deter a emisión tan só haberá que premer o botón de STOP.

    Lembra que isto únicamente emite online o son que se xere no ordenador, deberás proceder do modo que o fas habitualmente para traballar coa radio, por exemplo para gravar o programa.

    Tamén podes indicar un título para emisión, que aparecerá no reproductor ó lado de -emisión online-, tan só terás que escribir algo no campo título e premer OK para que se envíen os cambios. De non indicar ningún amosarase únicamente o indicativo de emisión online.

    ff

    Lembra que desde que comezas a emitir desde a aplicación, poden tardar uns segundos ata que se emita online e se cargue o buffer.

    Integrar reproductor de radio na Web Dinámica

    Unha vez teñas configurada a radio online, tan só terás que incluir o reproductor nunha web ou blog que desexes.

    Se accedes ó apartado - A miña radio - terás á túa disposición un código para inserir nun blog ou web. Tan só terás que copialo e pegalo.

    fdf