• Boletín de novas

    O obxectivo dun boletín de novas é dar a coñecer datos, feitos ou circunstancias de interese para a nosa audiencia.

    1. A nova

    Para transmitir unha boa información, en radio como noutros medios de comunicación, séguese a técnica das 6 W, que aplicaremos á nova. En inglés: Who, What, Why, Where, When, How. En español:

    • Quen?
    • Que?
    • Por que?
    • Onde?
    • Cando?
    • Como?

    2. A voz e o tono

    ● A voz e o ton deben ser neutros, para non contaminar a mensaxe.

    ● Na transmisión de novas búscase a obxectividade, non a transmisión de emocións.

    3. A música e os efectos de son

    ● A diferencia das cuñas publicitarias, a narración de novas non ten que ter música.

    ● Se é posible, porén, introducir algunhas ráfagas musicales de separación entre as novas locais, nacionais e internacionais.

    Opcionalmente, as novas poden introducir cortes para engadir efectos de son que teñan que ver co contido do que se está contando: ruido dun patio de colexio, bucinas de coches...

    4. A linguaxe

    Debemos utilizar frases sinxelas e curtas.

    ● O vocabulario debe ser sinxelo, sen demasiados tecnicismos .

    Non se deben usar muletillas: pois, bueno, eh...