• Radioteatro

    1. Crea unha imaxe da escena

    Para empezar, debemos describir o lugar e as personaxes. Se a obra elixida carece deste tipo de aclaracións, incorporarémolas nós mesmos a través da voz dun narrador

    2. Concede o maior protagonismo ao diálogo entre as personaxes

    O diálogo debe ser o centro principal da obra, por riba da música ou os efectos sonoros. É importante coidar ao máximo a dicción, a vocalización e a articulación.

    3. Ponlle moitos efectos sonoros

    Son os que consiguen dar vida ás sesións de radioteatro: portazos, renxidos, golpes, campas, ruidos de tráfico… Pero nunca deben ser demasiado estridentes, para non escurecer o diálogo.

    4. Agrega música

    A música de fondo axuda a definir o ambiente na nosa sesión de radioteatro. Debemos relacionar a música coas emocións: música triste para unha escena triste, como unha morte ou unha perda; música de suspense para os momentos de terror;  música rápida para os momentos de acción…

    O silencio tamén pode usarse para producir determinados efectos: recalcar un parlamento, crear intriga… Pero non convén abusar demasiado deste recurso.

    5. Emprega unha linguaxe sinxela e clara

    É importante utilizar unha linguaje clara que permita aos oíntes facerse unha imaxe na súa mente da escena.