• Elementos de continuidade

    Os elementos de continuidade en radio permiten dotar dunha estrutura lóxica á cadea creando unha sensación de harmonía no ritmo e cohesión no contido ao longo de toda a súa programación:

    1. Sintonía, tamén chamada “jingle”: é una ráfaga sonora (case sempre musical), un breve tema cantado ou canción identificativa dun espacio radiofónico concreto utilizada con fins publicitarios ou de promoción. Para que o Jingle sexa máis efectivo, inclúese un eslogan ou mensaxe da marca, repítese unha frase. Poden cumplir distintas funcións e pódense clasificar en varios tipos.

    O jingle soe ter unha duración entre 30 a 60 segundos. Os máis importantes son:

    • Sintonía ou jingle de programa, tamén chamado carouta: Usado para identificar un determinado programa.
    • Indicativo ou Jingle ID: Recordatorio de emisora e/ou programa incluido ao longo da programación. É un documento de identidade e sirve para identificar a emisora de radio

    jin

    2. Cuñas: Montaxes sonoras de breve duración con fins promocionais (programas, emisoras ou productos/servicios comerciales).

    3. Cortinilla (Ráfaga): Ráfaga musical de separación de elementos. Trátase dun fragmento musical duns 10-15 segundos de duración que se utiliza para separar, no seo dun mesmo programa, contidos claramente diferenciados. En ocasións, a cortina é un conxunto de frases musicais extraídas da sintonía.

    4. Ráfaga: En tanto que fragmento musical, a ráfaga, ao igual que a cortina, serve tamén para separar contidos ou bloques temáticos dentro dun mesmo programa. Porén, dada a súa menor duración (uns 5 segundos), marca unha transición máis curta e dinámica, polo que soe utilizarse asiduamente non só para separar senon tamén para dinamizar dependendo dos formatos radiofónicos

    5. Flash sonoro/Efecto (Golpes): Puntos sonoros ou musicais marcados utilizados para enfatizar un momento determinado. Duración inferior á ráfaga (gong, badalada, sinal horario, etc.). trátase dun fragmento extremadamente curto (entre 2 e 3 segundos) que se utiliza para chamar a atención do oínte nun momento determinado ou para separar fragmentos sonoros verbais que están enlazados por un/ha mesmo/a locutor/a (por exemplo, nun bloque de información deportiva varias noticias seguidas sobre mismo equipo.

    6. Radio Colchón musical: Música neutra empregada de fondo sonoro en locucións.

    7. Pausa: Silencio intencionado con fins rítmicos ou expresivos A pausa é un silencio de segundos.

    8. Fundido/Encadenado: Fusión de dúas fuentes sonoras, ben sexa por mestura (F.C.: funde con) o por substitución gradual (encadeado)

    9. Créditos: Nomes e datos de produción dun programa. Seen poñerse sobre a sintonía de saída.