• Tipos de Programas

    Informativo

    Trátase dun programa onde os alumnos emiten noticias acerca do colexio, e a localidade onde viven.

    ir

    Cuña

    É un anuncio pregrabado, totalmente autónomo en contido respecto aos programas nos que se insire, cunha duración media de 20 segs

    cñ

    Boletín informativo

    Trátase dun espazo informativo que se emite cada hora, xeralmente coincidindo coas horas en punto. Adoita ter una duración entre 3 e 8 minutos. E nel se recóllense as principais noticias e actualizaciones que se produciron recentemente. Equivalería a unha especie de resumo dun gran informativo.

    Diario falado. 

    É un gran espacio informativo, cunha duración entre 60 e 90 minutos. Inclúe noticias, entrevistas, reportaxes, crónicas… incluso, debates ou tertulias. Todo agrupado en secións.

    Entrevista 

    Unha entrevista é un formato radiofónico, un diálogo ou unha conversación entre a persoa locutora e unha ou varias persoas  entrevistadas.

    Ent

    Debate ou tertulia 

    Exercítase a argumentación como defensa das ideas e opinións cunha base de coñecemento.

    trt

    Noticia 

    É o relato dun acontecemento actual e de interese público polo seu carácter sorprendente, paradóxico ou trascendental .

    not

    Publirreportaxe

    É un espazo de curta duración -microespazo- (Max. 10 minutos) que adopta diferentes formas e que ten a finalidade de promover a compra dun  produto ou servizo ou dun conxunto de produtos ou servizos.

    pr

    Reportaxe

    A reportaxe radiofónica é un xénero baseado no monólogo, no que se realiza unha narración de feitos ou accións de interese para a audiencia cun amplo  contexto de interpretación e un rico abano de fontes. Nesta narración, o ou a periodista utiliza a creatividade para facer atrativa a  historia, coidando especialmente a estética do devandito relato.

    rx

    Rolda de prensa

    É un acto informativo no que unha organización, empresa ou persoa convoca aos medios de comunicación para transmitirlles unha información  relevante.

    rld

    Editorial

    O editorial é un artigo que expresa a opinión do medio sobre un tema concreto, habitualmente de actualidade. Trátase, por tanto, dun xénero de opinión con dúas  principales peculiaridades: non se asina e non representa a opinión de quen o escribe, senón da radio, emisora ou cadea  que o emite.

    edt

    Magazine 

    Nacido inicialmente como un programa de entretemento, con seccións e contenidos variados, o formato do magazine foise adaptando incluso a programas especializados. O que define ao magazine é o presentador, que fai de fío conductor a través de diversos contidos, e as seccións, sempre emitidas á mesma hora, o mesmo día da semana. No magazine cabe case todo, tertulias, entrevistas, reportaxes, concursos… pero sempre cun horario determinado de antemán e cuns colaboradores fixos para cada sección. Adoitan ser programas de longa duración, 2 ou 3 horas, con contidos que varían cada día da semana.

    mg

    Culturais

    Trátase dun programa onde os alumnos poden ter invitados e realizar entrevistas, este programa pode falar sobre as noticias de cultura do centro. Por exemplo, sobre obras que se van realizar, concursos de cantos, sobre os días festivos, novedades literarias, entre outros.

    Dramáticos. 

    Son espazos que tratan de recrear unha obra de ficción, a través de narradores e personaxes, interpretados xeralmente por actores. Estes espazos, como vimos, tiveron unha gran difusión nas décadas 40, 50 e 60.

    xd

    Programas de participación. 

    Fáciles e económicos, basta con abrir unha conta de correo, ou unha páxina nunha rede social, ou ben unha liña de teléfono, para que sexan os oíntes os que nos comenten un tema ou propoñan algunhas preguntas, que outros oíntes deben resolver. 

    Concursos

    O concurso é un xénero de entretemento baseado na participación directa da audiencia nun programa de radio. A dinámica do concurso componse dun  conductor ou unha conductora que anima a participar, unha proba, un conxunto de concursantes e un premio.

    cc


    Deportivos

    É un programa que cubre os eventos deportivos da institución, ademais realiza entrevista cos profesores de educación física sobre temas relacionados ao deporte e cos alumnos que participan neles.

    ddep

    Educativos

    Nestes poden realizar reportaxes, entrevistas e debates acerca dun tema de interese da institución abordando temas como. por exemplo, sobre o medio ambiente, a contaminación, a educación sexual, entre outros.

    Musicais

    Trátase dun espazo onde os alumnos presentan música variada e educativa, ademais poden cubrir espazos como a clase de música e presentar talentos dos mesmos alumnos da institución.

    mus