• Escaletas: consellos e modelos

    Consellos prácticos para escribir un guion de radio

    Cando escribimos guións para a radio, debemos pensar que escribimos para que outras persoas nos oian, non para que nos lean. Os lectores teñen a oportunidade de reler o escrito, se non o entenderon, pero os oíntes non teñen unha segunda oportunidade; deberán entendelo á primeira.

    Por iso, é moi importante seguir estes consellos:

    1. Escribe como falas

    Se escribes algo que cando o recites en voz alta sona como se o estiveses lendo, cámbiao. Os mellores locutores e locutoras son os que se expresan con maior naturalidade.

    Compara estas dúas oracións:

    • Na escola os nenos poden adquirir coñecemento sobre o medio ambiente.
    • Os nenos poden aprender sobre o medio ambiente na escola. (Correcto)

    2. Pensa que a túa audiencia está formada por persoas

    Hai que pensar en persoas e non en masas. Dirixímonos directamente aos oíntes con expresións como "Quererás saber" ou "Teraste preguntado" e NON "Os oÍntes quererán saber". Deste modo o receptor pensará que lle falan só a él, co que a mensaxe terá maior impacto.

    3. Escribe oracións curtas

    É mellor escribir dúas oracións curtas que unha longa e complexa. Serán recordadas moito mellor polos nosos oíntes e, ademais, teremos menos probabilidades de cometer erros gramaticais na súa construcción.

    Comparemos:

    • A miña avoa, que se foi a América cando era nena, contoume onte que aínsa se acorda da primeira vez que viu a Praza Maior, que a fixo chorar, pero non estou moi seguro porqué.
    • A miña avoa foi a América cando era nena. Onte contoume que aínda se acorda da primeira vez que viu a Praza Maior. Ela díxome que a fixo chorar. Pero non estou moi seguro por qué. (CORRECTO)

    4. Non escribas palabras longas se as curtas teñen o mesmo significado

    Sempre é bo aprender novas palabras que amplíen o noso vocabulario, pero na radio, se queremos ser entendidos pola maior parte da audiencia, é mellor que utilicemos palabras sinxelas.

    Que che parece máis apropiado?

    Javier manifestóu que lle gusta moito o chocolate.

    Javier dixo que lle gusta moito o chocolate.

    5. Usa a forma activa dos verbos

    Na lingua española existe a forma activa e pasiva dos verbos. A voz activa é máis axeitada para os oíntes, é máis clara, máis directa, e máis fácil de entender.

    A miña clase foi visitada polo director do colexio.

    O director do colexio visitou a miña clase. CORRECTO

    6. Le o que escribiches en voz alta

    É a única manera de oír como sonan as nosas palabras. Cando lemos en voz alta, podemos advertir os errores que cometimos na escritura: frases demasiado longas, palabras con sons difíciles de pronunciar, etc.

    7. Resalta o máis importante do teu guion

    En cada frase, resaltamos as palabras que queramos destacar dicíndoas máis alto ou con máis enerxía. Así, os locutores do guion de radio acordaránse de enfatizalas ao momento de dicilas.

    Tamén podemos facer outro tipo de indicacións no guion para recordar cando debemos facer unha pausa, por exemplo.


    A escaleta e guion radiofónicos son de gran utilidade porque:

    1. Eliminan a tensión da emisión, pois vannos servir como apoio para saber que decir en cada momento. Isto non significa que debamos ceñirnos sempre a ler o escrito; cando teñamos certa soltura, poderemos improvisar, sempre dentro duns límites.

    2. Permiten asegurar que non se deixará nada fóra, que todo atenderá ao seu tiempo e nunha orde prefixada.

    3. O guion deixa constancia escrita do programa, co fin de que poida volver a realizarse en calquera outro momento, incluso utilizando voces distintas

    Escaleta programa

    Hai que ensinarlle ao noso alumnado como facer un pequeno guión, antes de ir a traballar na radio. Un xeito doado de explicalo e de organizalo é o que vos poñemos a continuación.



      Guión programa de radio ESPORA (.docx 102Kbs)