• De cor laranxa. As variables utilízanse sempre que hai que almacenar un valor.  Actualmente hai 5 bloques de variables: 1 bloque de reporte e 4 bloques apilables.


    v1

    Podes crear unha variable onde poderás gardar un dato. Preguntarache qué nome queres poñerlle e se queres que a poida usar o obxecto que estás usando ou todos os que haxa. Ao creala aparecen debaixo os comandos para usala.

    v2

    A variable creada para darlle valor, usala en cálculos, ….Se está marcado o tic, o seu valor aparece na pantalla. Se o quitas ocúltase.

    v3

    A variable toma o valor que poñas no recadro branco.  Se tes máis dunha variable podes elixila no menú despregable.

    v4

    Súmalle á  variable o que poñas no recadro branco. Se quieres restar ponlle un número negativo.  

    OLLO: Este comando non o cambia por ese número, súmalle ese número. 

    v5

    O valor da variable aparece na pantalla

    v6

    O valor da variable desaparece da pantalla. 

    V7

    Podes crear unha lista onde poderás gardar varios datos ordenados. Preguntarache que nome queres ponerlle e se queres que a poida usar o obxecto que estás usando ou todos os que haxa. Ao creala aparecen debaixo os comandos para usala.