Scratch
Esquema de temas
-
Recoñecidos fácilmente pola súa cor verde, e son os bloques que realizan funcións matemáticas e de manexo de cadeas. Hai 18 bloques de operadores: 11 bloques de reporte e 7 bloques booleanos.
Bloques de Sensores e Operadores
Suma o que poñas no círculo da esquerda con da dereita. Poden ser números e variables.
Resta o que poñas no círculo da esquerda con da dereita. Poden ser números e variables.
Multiplica o que poñas no círculo da esquerda con da dereita. Poden ser números e variables.
Divide o que poñas no círculo da esquerda con da dereita. Poden ser números e variables.
Da un número ao chou entre os dous que poñas nos óvalos. Poden ser positivos e negativos.
Este bloque informa de que é verdadeiro se o primeiro valor é maior que o segundo e falso en caso contrario.
Este bloque informa de que é verdadeiro se o primeiro valor é menor que o segundo e falso en caso contrario.
Este bloque informa de que é verdadeiro se o primeiro valor é igual que o segundo e falso en caso contrario.
En cada un dos hexágonos interiores debes ponñer un operador que devolva o valor verdadeiro ou falso. Cando eses dous operadores sexan verdadeiros, este será VERDADEIRO. Se algún dos dous é falso, este tamén é FALSO.
En cada un dos hexágonos interiores debes ponñer un operador que devolva o valor verdadeiro ou falso. Cando calquera deses dous operadores sexa verdadeiro, este será VERDADEIRO. Só será FALSO, se o son os dous.
Este bloque devolve o valor oposto da entrada, invertindo o seu valor.
Une o que poñas no recuadro da dereita co da esquerda. Poden ser palabras e variables. Para unir tres ou máis valores, arrastra copias deste bloque ás súas entradas.
Dá a letra da palabra da dereita que ocupe a posición que poñas no óvalo da esquerda. Tamén podes poñer unha variable, darache a letra da posición que teñas gardada na variable.
Dá a lonxitude da palabra que escribas no recuadro. Tamén podes poñer unha variable, darache a lonxitude do dato que gardaras nela.
Este bloque devolve se o texto do primeiro parámetro contén ou non o texto do segundo parámetro. A comparación non distingue entre maiúsculas e minúsculas.
Dáche o resto de dividir o que poñas no óvalo da esquerda entre o da dereita.
Arredonda a un número sen decimales. (10,8 dá 11)
Permite facer operacións complexas como a raíz cuadrada, o seno dun ángulo, o valor absoluto, o logaritmo, … que podes elixir no menú despregable.