• De cor ámbar e utilízanse para controlar os bloques baixo certas condicións. Actualmente hai 11 bloques de control: 3 bloques son apilables, 1 bloque de inicio, 5 bloques C e 2 bloques de terminación.



    Uso de Clones

    b1

    O obxecto deixa de executar os comandos durante o tiempo que indiques no óvalo. Despois continúa co bloque seguinte. 

    b2

    Dentro deste bloque podes colocar todas as instruccións que queiras. Executará eses bloques o número de veces que indiques no óvalo. 

    b3

    Dentro deste bloque podes colocar todos os que queiras. Estará executando eses bloques sen parar ata que acabe o programa. 

    b4

    Dentro deste bloque podes colocar todos os que quieras. Executará eses bloques só se é verdade a condición que escribas no hexágono.  

    OLLO: a condición debes construíla cos operadores verdes.

    b5

    Dentro deste bloque podes colocar todos os que queiras no oco de arriba e no de abaixo. Executará los bloques do primeiro oco só se é verdade a condición que escribas no hexágono, se a condición non se cumpre, entón executará os bloques do segundo oco.  

    OLLO: a condición debes construíla cos operadores verdes. 

    b6

    Espera sen facer nada ata que se cumpra a condición que escribas no hexágono. Cando sexa certa seguirá cos comandos de debaixo.  

    OLLO: a condición debes construíla cos operadores verdes. 

    b7

    Dentro deste bloque podes colocar todos os que queiras. Executará eses bloques sen parar ata que se cumpra a condición que escribas no hexágono.

    OLLO: a condición debes construíla cos operadores verdes. 

    b8

    Detén a todos os objetos do programa, ou o programa que estea executando este obxecto (elíxelo no menú). 

    b9

    Podes facer clons do obxecto (O clon é un duplicado que só existe mentres o proxecto está funcionando). Ao crear un clon excutará os comandos que coloques debaixo deste. 

    b10

    Aparece un duplicado do obxecto. Só existirá mentres estea funcionando o programa. 

    b11

    Desaparece 0 duplicado do obxecto.