• Scratch Jr Tactile é un kit baseado nos deseños e a filosofía creativa de ScratchJr, a versión de Scratch para os máis pequenos. Grazas a eles, o alumnado poderá xogar e aprender, ou aprender xogando á vez que desenvolven de forma inclusiva as habilidades tan necesarias para a sociedad actual, como son as competencias dixitais, o pensamento crítico, a resolución de problemas e o traballo en equipo (competencias do s.XXI).

    Scratch Jr Tactile, é un recurso educativo tanxible que achega a programación creativa e o pensamento computacional a TODOS nenos e nenas, sen importar as súas diferentes capacidades e condicións económicas. Ademais os recursos manipulativos son unha peza clave para o desenvolvemento das habilidades creativas e educativas


    Con Scratch Jr Tactile trabállanse conxuntamente as competencias dixital, lingüística, artística, matemática e de educación en valores sociais e cívicos.

    Ademais, os nenos e nenas con deficiencias visuais traballarán competencias específicas esenciais.

    Scratch Jr Tactile' baséase na mesma filosofía de aprendizaxe desenvolta por Seymour Papert, Mitch Resnick e Marina U. Bers. Baséase nas 4 P da aprendizaxe creativa “Projects, Passion, Peers(pares) e Play (Xogo)” e tamén aengdimos la 5a P, “Propósito”, promovendo a creación de proxectos significativos e lúdicos vencellados coa conciencia global.

    Con Scratch Jr Tactile srealízanse aprendizaxes tendo en conta os 5 piares pedagóxicos seguintes:

    • Cognitivo: Aprendizaxe do pensamiento computacional, o deseño de algoritmos, recoñecemento de patróns, descomposición e pensamiento lóxico. Concentración, resolución de problemas e pensamiento flexible aprendeendo a afrontar complexas tarefas e construíndo estratexias efectivas para identificar solucións.
    • Creativo: Resolución de retos de forma aberta, con múltiples solucións, así como creación de novos retos abertos e adaptables a distintos entornos, intereses e culturas. Desenvolver ideas, expresalas e transformalas en realidade creando asociacións, simbolizando e representando ideas e proporcionando experiencias significativas aos demais.
    • Emocional: Creación de proxectos artísticos, recoñecemento de emocións. Comprender, xestionar e expresar emocións construíndo conciencia de si mesmo e xestionando impulsos. Manterse motivado e confiado fronte ás dificultades.
    • Físico: Orientación espacial, lateralidade, psicomotricidade fina. Comprender o movemento e o espacio mediante a práctica de habilidades sensoriais-motoras.
    • Social: Colaboración, comunicación e comprensión das perspectivas doutras persons a través do intercambio de ideas, a negociación das regras e a creación de empatía.

    As propostas de aprendizaxe desenvoltas con Scratch Jr Tactile alíñanse cos 6 vectores formulados no novo curriculum educativo en España.

    Scratch jr tactile - vectors curriculum ESP.png