Iluminación: conceptos e esquemas
Esquema de temas
-
- Fluxo luminoso expresado en lúmenes
- Temperatura de cor expresado en ºC
- Métodos de iluminación: Directa, indirecta ou semidirecta.
- Posicións dos focos.
Propiedades da luz
Dureza: A dureza da luz pode ser determinante para darlle ao noso retrato o aspecto que queremos. Unha luz máis dura proporcionaranos retratos máis agresivos, dramáticos ou potentes. En cambio, unha luz más difusa xeralmente ofreceranos retratos máis suaves, tenros e bellos. Para difuminar a túa fonte de luz deberás utilizar un difusor ou rebotala contra unha superficie clara.
Intensidade: A intensidade da luz tamén vai cambiar o noso retrato por completo e incluso transmitir sensacións moi diferentes. Unha luz intensa pode transmitir potencia ou belleza, xa que realzará moito a presencia do noso suxeito. En cambio, unha luz máis tenue pode transmitir soedade, tristeza, dramatismo, pero tamén intimidade.
Temperatura de cor: A temperatura de color da luz tamén vai cambiar o aspecto do noso retrato, xa que influirá no seu balance de brancos . Un balance frío pode transmitir seriedade ou elegancia, e incluso tamén calma; e un balance cálido pode proxectar tenrura, tranquilidade, pero tamén pasión en ocasións. Un balance neutro , pola sú parte, transmitirá pureza ou limpeza.
Dirección: Dependendo da dirección e angulación na que a luz incida sobre o noso suxeito, a súa cara pode cambiar de maneira radical. Niso baséanse os esquemas de iluminación.
Os 3 opciones de puntos de luz básicos:
-Luz Principal: É la luz que predomina sobre o resto. 100% de intensidade
-Luz de recheo: Serve para atenuar as sombras da luz principal. 50% de intensidade
-Contraluz: Aporta ese toque «profesional» á nosa escena. 50% de intensidade.
A luz principal ha de ir a 1 metro dea cámara e un pouco elevada sobre a nosa cara. Da igual á derecha ou á esquerda dela. No lado contrario ao principal a luz de recheo coa metade da intensidade da principal. E no eixe da luz principal detrás de ti e elevada 45º con respecto a ti colocaremos a luz de contra ou contraluz.