• Zum Kit Junior é un kit sinxelo e seguro, perfecto para crear os teus primeiros inventos e robots, construilos con outros materiais e programalos. Os compoñentes son resistentes a golpes e caídas grazas as súas carcasas protectoras, os cables conéctanse e desconéctanse fácilmente cos seus cabezais telefónicos e as cintas de cerre por contacto permítenche unir os sensores e actuadores como queiras. 

    1. Placa controladora Zum Junior

    A placa controladora é coma un pequeno ordenador, encargado de controlar ao resto de compoñentes para executar un programa.  A  placa ten dous tipos de conexións: 

    • Conectores A e B: nos que se poden conectar tódolos componentes. 
    • Conectores 1, 2, 3 e 4: nos que se poden conectar tódolos compoñentes excepto o display de 7 segmentos e o multisensor. 

    Integra un LED RGB y un zumbador.  O LED emite luz, podendo programar a cor da mesma de entre as cores:  vermella, verde, azul, amarela, rosa e branca. O zumbador pola súa parte emite sons e pódese programar a nota que desexemos

     A placa Zum Jr. posúe 6 conectores de entrada ou saída denominados 1, 2, 3, 4, A e B.  Son conectores de tipo RJ9, como os que podemos atopar no auricular dun teléfono fixo.

    placa

    2. Botón

    Pódense programar distintas accións asociadas ao seu estado (pulsado ou non pulsado).  Atópanse en numerosos dispositivos que utilizamos a diario, como timbres de porta, batidoras, calculadoras, teclados de ordenador, lavadoras, ascensores, etc.


    3. Interruptor doble

    Ao deslizar os interruptores pódense activar ou desactivar distintas accións. É un tipo de sensor parecido ao pulsador pero que mantén a posición elixida. Usámolos case tódolos días para prender a luz da nosa habitación. 

    4. Multisensor

    Con el podemos detectar a temperatura, medir distancias, distinguir cores e coñecer a cantidade de luz.  Conectarémolo nos conectores A ou B.


    5. LED Dobre

    Emite luz de cor branca, verde, vermella ou amarela.  En cada compoñente temos dous LED, un de cor branca e outra dunha das cores mencionadas.


    6. Display de 7 segmentos

    Permite amosar números e letras.  Conectarémolo nos conectores A ou B.


    7. Servo

    Pode moverse en distintas posicións (graos)


    8. Servo de Rotación Continua

    Xira a diferentes velocidades e en distintos sentidos. Un servo de rotación continua é un actuador que xera un movemento rotatorio, ao que se lle poden incorporar accesorios como unhas aspas de ventilador ou unhas rodas.