• Con fío condutor, pilas e LEDs podemos crear circuítos brandos que se integren nun tecido. É unha mestura de materiais que combina as técnicas tradicionais de manualidades coas máis novas tecnoloxías. É tamén unha forma lúdica de entender o  funcionamento dos circuítos eléctricos creando os teus propios proxectos.

    Precisaremos:

    1.Materiais que non van na maleta

    • Pegamento para tecidos (opcional)
    • Botóns
    • Rotuladores permanentes
    • Bolígrafos/Lapis
    • Alfinetes
    • Outras teas como vinilo, coiro...
    • Tesoiras

    2.Materiais que van na maleta

    • Fío condutor
    • Alicate de punta estreita e outra redonda
    • Pila de botón
    • Porta pilas para coser.
    • LED*
    • Broches magnéticos ou automáticos
    • Floca de recheo (algodón sintético)
    • Feltro de diferentes cores
    • Fíos
    • Agullas

    * O fío condutor é como un fío normal, pero ten dentro fibras metálicas, polo que funciona como un cable. A electricidade circulará entre dous puntos que estean unidos polo fío.

    * A diferenza das lámpadas convencionais, os LEDs teñen unha pata positiva e unha negativa. Cando o conectes a unha pila, a pata positiva debe conectarse á beira positiva da pila e viceversa.