• Un LED (Light Emitting Diode) é un diodo construído especialmente para que emita luz. Por tanto ao ser un diodo:

    Só deixa pasar corrente nunha dirección.

    • Ten un símbolo derivado do diodo
    • Ten polaridade:  ánodo (+) e cátodo (-)
    • Ten caída de voltaxe interna

    Os LED son uns indicadores luminosos moi utilizados polo seu alto brillo, polo seu baixo consumo, pola súa grande duración e polas moitas cores dispoñibles.


    Polaridade:

    -A pata máis longa é o ánodo(+)

    -A base do led, e plana no cátodo (-)

    -Dentro do led, a peza pequena é o ánodo (-)

    Características:

    -Moi baixo consumo

    -Vida útil moi longa

    -Ocupan moi pouco espazo

    -Son moi robustos

    -O número de encendidos non afecta á súa vida útil

    -Poden apagarse e encenderse moi rápido: 1ms.

    -Teñen tamaños e formas moi diversas.

    Funcionamento:

    Un led é un compoñente electrónico que se ilumina cando circula corrente por el nun determinado sentido.  O LED é un actuador e para que se ilumine correctamente hai que establecer uns valores concretos de voltaxe.  Ademais o seu ánodo (pata máis longa) debe quedar conectado cara ao polo positivo da pila e o seu cátodo (máis curta) cara ao negativo.  

    Se non o facemos correctamente o led non prenderá.


    Cores:

    Cada cor ten unha caída de voltaxe diferente:

    -Infravermellos (uns 1,3 V)

    -Vermellos (uns 2 V)

    -Amarelos e verdes (uns 2,3 V)

    -Azuis e brancos (uns 3 V)

    -Ultravioleta (uns 3,3 V)



    Utilización das LED nas Makey Makey