• DOC é o robot que acerca aos nenos e nenas dende a etapa de Educación Infantil á robótica educativa, axudándoos a aprender os conceptos básicos da programación dun xeito fácil e divertido, estimulando a creatividade e adestrando a capacidade     lóxica e a resolución de problemas. Así, dentro da caixa pódese atopar, ademáis do robot, un manual de instruccións, un taboleiro/puzzle de dobre cara (2 niveis de dificultade), tarxetas con direccións e cartas con retos a resolver.

    Funciona de forma moi sinxela:

    Cada vez que premamos un dos botóns de direccionalidade, DOC avanza/retrocede 15 cm ou xira 90º. Todo isto avanzando de forma fluida e rápida, á vez que vai emitiendo unha luz e un son que o fai aínda máis entretido.  Ademais, DOC, recoñece os obstáculos e os límites do taboleiro, evitando así que caia ao chan.

    Conta con 3 modalidades de xogo:

    LIBRE: o robot móvese en función do código que lle introduzs (igual que Beebot), o que o convirte no mellor modo para empezar a familiarizarse con el. Pódese xogar con taboleiro ou sen el, adestrando a resolución de problemas e secuencias desde moi sinxelas a outras realmente complexas.

    EDU: modalidade que marca retos moi sinxelos no taboleiro 1 (ideal para nenos e nenas de 4-5 anos). Guía aos nenos no percorrido, desenvolvenndo así a capacidade de orientación e cálculo. Xoga utilizando as cartas, seguindo os seus percorridos e sempre partindo con DOC na posición de inicio ao empezar.

    JUEGO/GAME: empeza a resultar interesante para nenos e niñas de máis de 6 años na cal se poden realizar accións máis complexas e recoller obxectos antes de conseguir un obxectivo. Axuda a programar un traxecto complexo, evitando os obstáculos que aparezan no camiño e aprendendo dos erros. Pódense formular retos en grupo, para fomentar o traballo cooperativo e a resolución de problemas. No taboleiro 2 poderás xogar collendo unha carta e realizando o percorrido, sen esquecer recoller o obxecto indicado para chegar ao destino final (sen esquecer partir sempre con DOC na posición de inicio).

    Que aprenden os nenos con DOC?:

    • Mellorarán a lateralidade e a orientación espacial a través do xogo.
    • Chegarán a multitude de coñecementos sen decatarse.
    • Resolverán retos de todo tipo que os hará máis competentes en lóxica-matemática, lectoescritura…
    • Utilizarán a tecnoloxía como medio para chegar á aprendizaxe.

    cl