• Estes robots son uns recursos fantásticos para que o alumnado de infantil e primaria dean as súas primeiras pegadas coa programación.  Cando os alumnos a partir dos tres anos de idade xogan con eles, a experiencia de aprendizaxe engloba aspectos como a secuenciación, a lateralidade e a noción espacial, o traballo en equipo e o respecto, a curiosidade e a creatividade.

    Bee Boot

    bb

    A Bee-Bot é un punto de partida perfecto para o control do ensino, a linguaxe direccional e a programación. Os alumnos ademais atoparán que  é  máis accesible para todos, incluídos aqueles con necesidades auditivas ou de procesamento visual. Posúe variadas alfombrillas: letras, formas xeométricas, profesións, a granxa e os seus animales, etc...

    Blue Boot

    blb

    Blue-Bot funciona coma o anterior, pero é máis axeitado para nens a partir de 6 anos que xa poden aprender a programar mellor dende a tablet aínda que non saiban ler.  O que fai diferente a Blue-Bot é a posibilidade de conectarla cun dispositivo móvil para así controlala dende a App. 

    Blue-Bot dispón dunha Nova App, App Blues Blocs, complementaria para o Blue-Bot de TTS que permite a expansión do coñecemento e o ensino con maior profundidade en cursos de educación primaria.  Nun entorno familiar baseado en bloques, tipo SCRATCH onde os alumnos poden programar o seu Blue Bot usando unha funcionalidad extendida que inclúe funcións numéricas de toma de decisións, operadores boléanos e a introducción de variables.


    Qué contén o kit Blue Bot?

    • 1x Blue-Bot recargable. 
    • 1x cable USB A-B. 
    • 1x guía de usuario (en inglés).


    As funcións de Blue-Bot

    • Cada vez que premamos un botón, os ollos de Blue-Bot parpadearán e oiremos un son que confirma a instrucción.
    • Blue-Bot sempre avanza ou retrocede 15 cm e xira sobre si mesma 90º. 
    • Blue-Bot pode realizar ata 40 movementos. 
    • Cos botóns superiores, pódense programar ata 40 secuencias.

    Blue-Bot agora pode controlarse dende un ordenador ou tableta. Para iso, é necesario descargar a app Blue-Bot, dispoñible para iPad e tabletas Android, ou o software para Windows ou Mac e establecer conexión vía Bluetooth.