Soft Circuits
Soft Circuits é como se denomina á recente alternativa de construir circuitos cuxos compoñentes electrónicos e dixitais conéctanse a través de fíos, teas, pinturas, adhesivos ou mesmo siliconas que teñen a propiedade de conducir a electricidade. Esta forma de construir circuitos electrónicos e moi innovadora e creativa, xa que ata non hai moito, a construción de circuitos adoitaba estar asociada co uso de soldadores, cables ou placa de probas.
A creación de soft circuits é un fenómeno asociado ao movemento STEAM e á cultura maker e DIY, que dun tempo a esta parte se popularizou trala apertura e democratización do campo multidisciplinar dos e-textis. Os e-textis son un campo de coñecemento emerxente que se situa na intersección da moda, o deseño industrial, o deseño de mobeis, a ciencia computacional, o deseño de interaccción e a arte dos novos medios...
Polo xeral utilizase o termo soft circuits -ou soft electronics-, para referirse a circuitos que se constrúen con materiais flexilbles, suaves e brandos. Agora ben, cando se fai referencia a este tipo de circuitos electrónicos tamén se utilizan outros termos que fan referencia aos materiais cos que se construiron, por exemplo:
- E-textis: circuitos electrónicos integrados en textis con fío, tea ou pintura conductora.
- Paper circuits: circuitos electrónicos integrados en papel utilizando, a pintura, o fio, ou cobre adhesivo.
- E-ceramics: circuitos electrónicos integrados en cerámica utilizando a pintura ou tinta conductora