EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Monstro azul

Sabela de 1ºA atreveuse coa primeira lectura en galego na aula. Leulles aos seus compañeiros "Monstro azul", un conto de Olga de Dios que fala do respecto, a convivencia e a empatía.

Parabéns Sabela!

 

Benvida Curso 2024-25.

Ola. Os alumnos de 1ºA queren darvos a benvida a este novo curso cun pequeno vídeo.

Feliz curso!

 

Xogo de preguntas do río Lameira

Amósalle aos nenos de 5º, que prepararon este xogo de preguntas, todo o que sabes sobre o río Lameira.

Os faros con Intelixencia Artificial

Despois de todo curso traballando os faros, aproveitamos o último día para traballar coa Intelixencia Artificial e crear un cartel. Pensamos como queríamos que fose e logo elaboramos a súa descrición para darlle clic e agardar para ver o que saía e... aquí tendes o resultado!

 

Cartel de Enzo: 

 

 

Cartel de Brais: 

 

E agora si que xa damos por rematado este proxecto!

BO VERÁN!

NA ERMIDA DE SAN SIMÓN

Como podiamos ir á Illa de San Simón e non pasar pola Ermida onde Mendiño compuxo no s. XIII a máis célebre das súas cantigas e alí diante de San Simón recitalas, polo menos un anaco.

Faros de Galicia: Faro de Cabo Home

Estamos a piques de comezar a última semana do curso e aquí vos deixamos o noso último faro, moi preto do noso concello. 

Agardamos que vos gustasen moito todos os nosos faros e aprendésedes tanto coma nós. Detrás de cada vídeo hai moitas horas de traballo: búsqueda de información, selección da información importante, elaboración do texto, gravación na radio (que non sempre saíu ben á primeira, pero rímonos moito!) e elaboración da presentación.

Dádelle ao play e aprendede as últimas curiosidades dos faros deste curso!

 

 

 

Ata outra!

Xornada de Convivencia cos nenos e nenas de 6ºEI do Carballal

Este xoves, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha visita moi especial: os compis de 6ºEI do Carballal! Viñeron ata o noso cole para pasar unha divertida xornada de convivencia: contámoslle o conto de “unha eiruga moi larpeira” e eles a nós unha adaptación de “A mosca chosca”. Ao rematar xa era hora de merendar, polo que lle preparamos unha rica e saudable merenda con moita froita. Unha vez que xa tiñamos a barriga chea, puxémonos todos e todas xuntas a xogar. Oxalá se puidesen quedar máis tempo, pasámolo moi ben!

 

Grazas por vir e ata a próxima!

Os faros de Galicia: A Torre de Hércules

Hoxe Brais e Enzo fálannos dun lugar que seguro que a maioría de vós coñecedes, pero... sabiades todas estas cousas? Dádelle ao play e descubrirédelo! 

 

 

Ata o próximo faro!

Debate na beira

O noso primeiro debate, cheo de erros tanto técnicos como estruturais, mais cremos firmemente no valor educativo dos erros; o contrario para unha primeira vez ata sería contraproducente.

Que mellor lugar para un debate sobre un tema tan de moda entre os alumnos do noso colexio coma o céspede artificial que a sala de mestres.

IA á beira do Lameira

Mais que traballar a Intelixencia Artificial, do que se tratou é de mellorar cos nenos dende a Expresión Escrita a "Descripción".  Canto mellor estaba feita a descripción do que eles querían que aparecese no cartel, mellor entendía Ideogram o que se pretendía, que tal é a ferramenta AI que usaron, e mellor xeraba as imaxes.

A actividade, pensada para o 1º de Abril, tiña como obxectivo secundario o profundizar nas mensaxes publicitarias, por iso se tentou de dar un significado ambiguo e aberto ás mesmas, que fosen os  lectores, os que sacaran a súa propia mensaxe...

Como non foi posible o 1º de Abril, o 5 de Xuño, día do Medio Ambiente, era unha data axeitada

Para poder velo en pantalla completa preme no video esta icona 

 

Por Narises

"Por Narises" está pensado para levar ao Certame Ai Mosa, de Moaña.  Baseado nun vello conto popular galego do que con anterioridade xa fixeramos unha curta, hai anos.  Esta curta é por tanto, en toda regra, un remake.

Gravada á beira do Río Lameira e a carón do muíño do Sequelo, grazas á amabilidade do señor José, que nos deixou a leira anexa para gravar. Ás agrícolas ferramentas foron aportadas por María a coidadora e Laura, a profe de AL.

Agora temos que traballar sobre ela para ver de analizar o Raccord e a montaxe, para futuros proxectos.

AI MOSA 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (IX)

Na parroquia de Mogor, no lugar das Sete Espadas, cada ano polo 26 de Xullo levase a cabo a festa das Sete Espadas e de Santa Ana.  En tempos nos arredores da pequena igrexa que alí hai, celebrábase unha importante romaría.

Fixádevos, como apunta Mateo de 5º, o xeito en que se vendían no afastado 1960 as rosquillas nas romarías galegas.

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VIII)

Para esta recollida do patrimonio Inmaterial non todas as fotos que nos mandedes teñen que ser de Marín, como no caso de Alonso de 5º, poden ser doutros lugares de Galicia onde teñades a vosa orixe.  No caso de Alonso é en Cotobade no ano 1954.

X Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra

Tódolos anos temos a sorte que algún dos nosos alumnos estea, cando menos, entre os finalistas deste prestixioso certame provincial para nenos.  Este ano o elixido foi Darío Pereira Omil, polo seu relato "Una tarde calquera".

Aquí tedes ao noso alumno co diploma, e o que é máis importante co libro onde aparece o seu relato.

Xornada de iniciación ao remo

A semana pasada, tivemos a oportunidade de coñecer a dúas grandes deportistas do club de remo da ría de Marín.

Explicáronnos brevemente a teoría e despois fixemos unha práctica no remoergómetro aplicando a técnica correcta.

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VII)

Os nosos maiores, sempre, malia a que súa vida careceu das comodidades que ten a nosa, atoparon tempo para a diversión compartida. Neste caso, en 1953, os bisavós de Nicolas Fernández García, de Infantil foran á romaría da Franqueira cuns amigos.

 

Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VI)

A conserva durante moito tempo foi en Marín un dos sinais distintivos da vila. Nesa actividade traballaron moitas xeracións, especialmente de mulleres. Matilda Fernández García de 1º déixanos testemuña nesta foto, onde aparece a súa bisavoa, da fábrica de conservas con máis percorrido en Marín, a fábrica de Herrero. A foto é de 1950.

Obradoiro de Cine: Planos (I)

No noso obradoiro de linguaxe audiovisual o primeiro que fixemos é traballar cos planos segundo a posición que ten a cámara con respecto aos actores.

Os planos que aquí aparecen son o NADIR, CENITAL, CONTRAPICADO E PLANO NORMAL. 

1.  Poderiades dicir cal é cal?

2. Que plano de situación falta?

 

Hai un "plano intruso", pois non é de situación....

3. Poderiades dicir como se chama esoutro plano?

a)

b)

c)

d)

e)

As palabras máis fermosas

Unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para que celebrando o día das Letras galegas nos decatemos do tesouro que encerra a nosa lingua. Unha vez coñecida a técnica para a producción de chapas foron en cadea.  O difícil foi escoller unha palabra entre o rico léxico do galego, o de plasmalas non tanto, porque contamos cuns auténticos artistas.

O río que quería ser humano

Non só traballamos a Banda Deseñada ao uso antigo (lapis, goma, rotulador...) tamén utilizamos as novas tecnoloxías como é o caso desta historieta que dentro do noso Proxecto Integrado deste ano "O noso Lameira, un río de vida" levamos adiante dende a ferramenta dixital MakeBeliefsComix.org

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.