Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
O pasado venres, 23 de novembro de 2012, conmemoramos no noso centro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Montouse este mural co material que nos proporcionou o Concello de Marín e nas aulas os titores e alumnado leron un manifesto contra a violencia de xénero, recordando a lacra que esto supón para a nosa sociedade e recordando que a igualdade que hai entre os homes e as mulleres non só debe ser teórica , senón que debe ser levada á práctica.
Aquí tedes a lectura do manifesto por parte dos alumnos de 5ºB.
Enviar un comentario novo