Partido Alumnado-Profesorado
Un ano máis levouse a cabo o tradicional partido de fin de curso entre unha selección de alumnos/as contra unha selección de mestre/as. Foi un éxito rotundo de afecionados nas gradas (estaba todo o colexio, por suposto) e de bó fútbol e amizade no campo. O resultado é o de menos nestas ocasións (7-5 gañaron os profesores/as), pero outro ano será. Grazas a todos/as!