Teatro en Pontevedra. 'Enamorirse'.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º do CEP Sequelo asistiron a unha nova aventura da pallasa 'Hula' e o pallaso 'Piojo' que, de novo na escola de 'La Seño', enfrentaranse a un dos retos máis esixentes da súa distinta traxectoria: representar a tráxica historia de amor de Píramo e Tisbe a partir de "El sueño de una noche de verano" de William Shakespeare. Tras breves preparativos, dan vía libre á súa versión cubrindo as numerosas lagoas con improvisacións e ousadías narrativas que converten o que era tráxica historia nun canto ao amor e á vida.
Enviar un comentario novo