O pincho (Ed. Física)
O xogo de hoxe procede da entrevista de Clara, un xogo de lanzamento de precisión, que podemos xogar individualmente ou con número de xogadores que queiramos, tamén podemos modificar o campo, e como moitos outros xogos podemos encontralo con diferentes nomenclaturas, espero que vos guste.
O cravo
Material: un cravo grande de ferro (que podemos substituír por calquera obxecto que teña punta por un lado).
Onde debemos xogar: nunha zona de terra, para que o pincho se crave, debemos debuxar na terra circunferencias ou cadrados numerados. Os debuxos do chan deben ter uns 40 centímetros de diámetro e deben estar numerados.
Debemos establecer a orde de lanzamento, na primeira quenda debemos lanzar o cravo a casa número 1, se se consegue, lanzarase a casa número 2 e así sucesivamente, en caso de fallar ou que o cravo non se chante, cederáselle a vez ao seguinte, cando nos volva a tocar, debemos volver a lanzar o cravo o número no que quedamos con anterioridade, non é preciso volver a comezar na casa 1.
E como sempre para rematar, un pouco de actividade física.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Clara Lamas Seijo 5ºA.pdf | 263.86 KB |
Tiago 4ºB1.pdf | 222.26 KB |
Enviar un comentario novo