O aro (Ed. Física)
Comezan a chegar os primeiros xogos e xoguetes tradicionais, esta é a entrevista de Aitor, que nos presenta o Aro.
O Aro
O xogo consistía, tradicionalmente, en facer rodar, en equilibrio, un aro (que antiguamente se fabricaba a partir dun caldeiro vello, unha roda dunha bicicleta, ... aínda que hoxe en día, usamos máis os de diferentes plásticos e similares ). Para suxeitar o aro, podemos usar unha guía, que é un pao con forma de gancho na punta (inicialmente era un arame, pero foi substituido polos mesmos materiais que usamos hoxe en día para os aros).
Material: o aro
Cando acadamos a habilidade necesaria, podemos facer xogos e competicións varias de velocidade, habilidade, realizar circuitos, …
Como non todos/as podemos practicar este xogo na casa, preséntovos un con menos material, precisaredes folios para escribir os números (lembrade que poden ser reempregados) e unha cruz no chan (que podedes marcar con cinta adhesiva), o vídeo de Stella vai deixar máis claras as normas.
Desfrutade moito do día!!!!
#euficonacasa
#euquedonacasa
Enviar un comentario novo