Manualidades dende a casa (42): Stykz/Pivot Animator
Agora que tedes un fin de semana un pouco longo se algún se anima pode trastear un pouco con estas dúas ferramentas para facer animación dun xeito moi sinxelo
A primeira Stykz ven unicamente para Windows e Mac e a segunda é instalable en dispositivos móbiles (teléfonos e tablets). Os resultados son moi similares. Para o primeiro vas ter que instalar tamén o Quicktime player (Gratuito), un reproductor de Mac, o que che permitirá exportar a Animacion en formato de video (.mov)
Roberto Armada xa se animou e deixounos esta pequena curta:
Se de verdade queres entrar no mundo da animación tes aqui dous titoriais destes divertidos programas.
STYKZ
PIVOT ANIMATOR
Gustoume moito
Fíxome moita gracia o vídeo de Rober coa música e o disparo de xabón!!
Está moi ben, pero creo que esta un pelín corto; ao mellor quedaría mellor se o ampliaras.
MArtín 5ºB
Enviar un comentario novo