Música dende a casa (2): LUIS PREGO
Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.
Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".
Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).
Unha galiña
Aí vai o primeiro:
Unha vella tiña unha galiña debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella acordaba a galiña... cacarexaba!
Xosé
Un porco
Unha vella tiña un porco debaixo da cama onde ela durmia, cando a vella espertaba o porco rosmaba e ela dicía: Malo raio te parta meu can que pouco agradecelo pan que che dan
Jose Antonio
A musaraña
Unha vella tiña unha musaraña debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella espertaba a musaraña chirlaba e ela dicía: Malo raio te parta meu can que pouco agradecelo pan que che da.
Breixo Sanjorge
Unha abella
Unha vella tiña unha "abella" debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella espertaba a "abella" ... zoaba!
Martín 5ºB
Un galo
Unha vella tiña un galo debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella acordaba o galo cantaba. Malo raio que te parta meu can que pouco agradécelo pan que che dan.
Unha vella tiña unha ra
Unha vella tiña unha ra debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella espertaba a ra croaba e ela dicía: Malo raio te parta meu can que pouco agradécelo pan que che dan
Roberto Armada 5ºB
Un lobo
Unha vella tiña un lobo debaixo da cama onde ela durmia, cando a vella espertaba o o lobo ouveaba e ela dicía: Malo raio te parta meu can que pouco agradecelo pan que che dan.
Xoel 5ºB
O sapo
Unha vella tiña un sapo debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella acordaba o sapo croaba, croak, croak. E a vella dicía: Mal raio che parta can que mal agradeces o pan que che dan.
Irene Estévez Pazos 5ºB
A galiña
Unha vella vella tiña unha galiña debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella espertaba a galiña cacarexaba, ka, ka. E a vella dicía: Mal raio che parta can que mal agradeces o pan que che dan.
Dani Quintana Domínguez 5ºB
O pato
Unha vella tiña un pato debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella acordaba o pato graznaba, cua, cua, cua. E a vella dicía: Mal raio che parta can que mal agradeces o pan que che dan.
Ruben Argibay Pidre 5ºB
O cabalo
Unha vella tiña un cabalo debaixo da cama de onde ela durmía, cando a vella acordaba o cabalo rinchaba, iii, iii. E a vella dicia: Mal raio che parta can que mal agradeces o pan que che dan.
Dani Quintana Domínguez 5ºB
Un grilo
Un grilo
Unha vella tiña un grilo debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella acordaba o grilo grilaba, crik, crik. E a vella dicía: Mal raio che parta can que mal agradeces o pan que che dan.
Elva Pintos Omil 5ºB
Un rato
Unha vella tiña un rato debaixo da cama onde ela durmía. Cando a vella acorda o rato chiaba, chi chi... e a vella decía: mal raio te parta can que mal agradece-lo pan que cha dan.
Breixo Vidal Salgueiro 5ºB
O loro
Unha vella tiña un loro, debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella espertaba o loro parlaba. E a vella dicía: Mal raio che parta can que mal agradeces o pan que che dan.
Carlota Diaz Blanco, 5ºB
Un lobo
Unha vella tiña un lobo debaixo da cama onde ela durmia, cando a vella espertaba o o lobo ouveaba, auuuu... e ela dicía: Malo raio te parta meu can que pouco agradecelo pan que che dan.
Sara 5ºB
Un león
Un león
Unha vella tiña un león debaixo da cama onde ela durmía, cando a vella espertaba o león ruxía roaaar! E ela dicía: Mal raio che parta meu can que mal agradeces o pan que che dan.
Carla 5ºB
Enviar un comentario novo