"Vivan os Xenerais da Bandeira !!
Viva a xente que conserva a súa cultura e a mima!!
Viva a xente que nos arrodea e mira!!
Viva a música e sigha!!"
Grazas a que temos ao centinela Andrés Gayoso connosco, os nenos e os maiores puidemos coñecer o máis preto posible, o rico entroido da Ulla. O máis preto que lle é posible aos que non o mamaron dende pequeniños, porque hai cousas que hai que mamalas para sentilas.
Así cada ano imos amosandolle aos nosos nenos a riqueza do noso Entroido que para nada ten que envexarlle a outros coma otra o brasileiro ou o veneciano, máis ben é ao contrario pola riqueza e variedade do galego. Cada ano por un día estamos tendo a sorte de poder poñer vestir aos rapaces, do máis noso, para que así entendan mellor quen somos, de onde vimos, e a partir de aí, saber a onde vamos
Iremos colgando máis fotos da actividade da mañá pero polo de agora tedes estas fotos de Aixa disfrazada de Xeneral cos traxes de centinela e correo á súa beira. E digo disfrazada non vestida porque iso so son quen de facelo, neste caso, os de Bandeira
Premede na foto para ver as demáis