Responder ó comentario
VISITA DE NOELIA RODRIGUEZ
Enviado por josean o Xov, 17/04/2014 - 06:55Noelia Rodríguez, presentadora do espazo “O Tempo” na TVG, impartiu unha charla ao alumnado de 4º curso onde lles explicou o seu traballo como meteoróloga, os medios que utilizaban para prognosticar o tempo (modelos numéricos, mapas, satélite Meteosat, internet, etc.), a forma de gravación do programa televisivo,…
A continuación respondeu ás numerosas cuestións que lle formularon os nenos ao tempo que tamén lles preguntaba sobre a formación de fenómenos meteorolóxicos, como a formación do “arco da vella”, da neve ou da chuva. A actividade foi planificada para potenciar o estudo do tempo atmosférico que nestes días traballan os alumnos de cuarto nas súas aulas.
Os nenos saíron moi satisfeitos da charla xa que foi unha actividade moi novedosa porque, ademais de aprender sobre a climatoloxía galega, puideron coñecer de primeira man o traballo nos medios de comunicación.