Responder ó comentario
III XOGOS FLORAIS DO CEP SEQUELO
Enviado por josean o Dom, 20/04/2014 - 22:30De cara ao Día Internacional do Libro convocamos dende o ENDL e o Equipo de Biblioteca os III Xogos Florais do Cep Sequelo que este ano terá dúas modalidades: unha dirixida aos pais/nais e outra aos alumnos.
A) No tocante aos alumnos o Concurso basearase na realización dun HAIKU en galego, a redor do Mundo dos Maios. Un HAIKU é un tipo de poesía provinte do Xapón e que consta de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas que intentan describir a natureza, as estacións… pero sobre todo o que distinguimos polos sentidos.
Para realizar un bo HAIKU debes ter en conta:
-Evitar no posible os adxectivos
-Utilizar palabras de uso cotián e de doada comprensión
-Contar o que se ve no instante, por tanto os verbos se os hai en presente
-Predominan os nomes comúns
A DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN É O VENRES 25 DE ABRIL DE 2014. VALORARASE CO HAIKU VEÑA PRESENTADO NUN PAPEL CON FORMA DE OBXECTO DA NATUREZA: FOLLAS, FLORES, CUNCHAS...
B) Este ano queremos invitar ás familias a que, coma os vosos fill@s, participedes neste concurso literario que co gallo do 40 Aniversario do Colexio terá como lema para vos, “A escola da miña infancia” e que consistirá nun relato curto en galego (non máis de dúas carillas) relatando as vosas vivencias na escola cando rapaces. Os tres traballos gañadores serán lidos nas aulas na véspora das letras galegas. A data límite de entrega é o luns 28 de Abril a través dos vosos fillos. GRACIÑAS E CONTAMOS CONVOSCO