Responder ó comentario
VIDAL BOLAÑO EN PRACERES
Enviado por josean o Mar, 26/03/2013 - 21:35A primeira obra teatral de Vidal Bolaño, O Xogadeiro, estréaa no colexio do Sagrado Corazón de Placeres, durante a celebración do Día do Aprendiz . Por desgraza, non se conserva esta obra fundacional do seu teatro. Mais aí, nesa experiencia sen testemuña, comeza a historia do autor máis prolífico da nosa literatura, do dramaturgo esencial do noso teatro, do cineasta que dirixiu teatro porque non puido facer cine. Contaba só con 15 anos e a obra durou 2 minutos, seica ás monxas non lle fixo moita graza cunha enorme pedra que portaban dous actores fixese un furado no escenario.