Responder ó comentario
Buscamos información na Biblioteca
Enviado por josean o Lun, 28/03/2022 - 20:42A Biblioteca no noso centro é corazón e cerebro; nela os nenos, entre outras cousas, atopan e atoparán información para tódolos desafíos que lles propoñamos. E no que este ano lles propoñemos é que descubran todo o referente a "Inventos que cambiaron o mundo".
Os alumnos de 5º buscando todo o referente ao Teléfono
A súa orixe, o seu desenvolvemento e importancia.
E como en toda investigación seria que se precie utilizando distintas fontes e sinalando logo cales foron esas fontes.