Responder ó comentario
PONTE NAS ONDAS
Enviado por josean o Mér, 28/12/2011 - 16:54
PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal, coa participación doutros centros educativos doutros países.
Trátase dunha xornada que se iniciou coa emisión de 12 horas de programación radiofónica realizadas integramente por alumnos galegos e portugueses. Xa desde o ano 2003 chegou ás 24 horas de emisión con programas producidos por máis de 50 centros educativos. Estudantes de primaria, secundaria e ( desde a IX edición ) da Universidade, emiten programas de radio ( nas últimas edicións tamén de televisión por Internet ) elaborados por eles mesmos, en directo e en formatos moi diversos: concursos, variedades, música, entrevistas, conexións en directo entre diferentes estudos, etc. Aínda que o galego e o portugués son as linguas comúns da emisión, coa participaición de centros de Arxentina, Cuba, Chile e Colombia, o castelán tamén se incorporou á experiencia. Durante a xornada de comunicación os nenos e nenas dos todos os países participantes seguen a programación e participan activamente nela.
Seremos quén de participares nesta iniciativa de unión e coñecemento entre dous pobos separados só por un río, agora que imos iniciar unha experiencia radiofonica? Pois coido que todo dependerá do tempo, non do que faga, senón do que teñamos, e cada vez é menos...De tódolos xeitos imolo intentar nun plan mais modesto xa que os seus obxectivos para hogano van na dirección da posta en valor dos contos populares.
Podes colorear a súa versión en blanco e negro
Deste proxecto quedan cousas tan estupendas como o disco "Os meninos Cantores", feito por todalas escolas que colaboraran daquela ou esta marabillosa canción de Guadi Galego e Vozes da Radio que plasma perfectamente o espírito da iniciativa que xa vai pola súa XVIII edición