Responder ó comentario
Liga Lego Junior 2019-2020: presentación do proxecto en Ferrol
Enviado por xose o Lun, 17/02/2020 - 23:55O sábado 15 de Febreiro tivo lugar a presentación dos proxectos da Liga Lego Junior no auditorio de Ferrol. Saíunos todo xenial e quedamos moi contentos co noso traballo. Ímovos amosar algunhas imaxes dese día:
Diploma de felicitación a CEP Sequelo como gañador do premio "Exploradores Cooperativos"
O equipo coa medalla e o diploma:
Foto cos pais e nais que nos acompañaron:
O noso traballo exposto:
O equipo durante a súa presentación:
O vídeo da nosa presentación, que dura 7 minutos:
Ímovos contar un breve resumo da xornada:
Tivemos que levantarnos da cama ben cedo, pois ás 7 da mañá saímos para Ferrol. Foi moi bonito ver as cores rosadas e azuis do mencer. Chegamos ao auditorio sobre as 9 horas e xa nos estaban esperando para darnos as acreditacións e as entradas.
No auditorio había unha sala grande onde tivemos exposto o noso traballo xunto aos de outros 20 equipos nas categorías de 4 a 6 e de 6 a 9 anos. A iso das 11:30 déronnos un bocata de merenda. Por fin, ás 12:30 chegou a hora de presentar o noso traballo diante do xurado, formado por dous científicos e unha científica (podédelo ver no vídeo anterior).
Sobre as 13 horas déronnos un bocata de almorzo, de lomo con tomate, que estaba ben bo. Xa para rematar, e despois de ir tomar un café cos papás e mamás, asistimos ao acto de clausura no auditorio, onde nos entregaron os diplomas e unhas medallas xeniais feitas con pezas de Lego. Nese acto intervíu un mago moi simpático, que fixo dous trucos divertidos. Nun deles foi capaz de convertir un papel mollado nun montón de copos de neve que nunca remataban.
Temos que agradecer enormemente á organización e a aos voluntarios/as que nos axudaron moito en todo o que necesitamos. Esperamos volver o ano que vén!! Grazas!!
Máis información sobre o evento en :