Abril 2022
Emocións no Camiño a Santiago
Enviado por inesduran o Ven, 29/04/2022 - 09:31EMOCIÓNS NO CAMIÑO A SANTIAGO
AUTOESTIMA
Os peregrinos anímabanse uns aos otros co saúdo:
.............................................
é fundamental para rematar o Camiño.
O desánimo, o cansazo, a desilusión e os dificultades do Camiño,
ás veces poden facer perder a autoestima.
¿Qué di a Biblia da autoestima?
Cada persoa ten un don interior.
Ter confianza en sí mismo,
sentirse útil e capaz...
Na clase de Relixión reflexionamos sobre a oportunidade que temos de axudar aos demais para manter a autoestima alta.
Reflexionamos sobre as cousas boas que podíamos salientar de cada compañeiro.
Todos temos moitas cousas boas,
e podemos axudar aos demais.
Ninguén sobra.
Durante a ruta, os caminantes decátanse
do pouco que necesitan para seguir adiante,
da importancia de escoitar aos demáis e a un mesmo.
Parábola da ovella perdida
Camiño Portugués...
Enviado por inesduran o Mér, 27/04/2022 - 22:28Que sabes de Santiago apóstolo?
Se queres coñecelo mellor
mira este vídeo ao que lle puxeron voz
os compañeiros de 6º.
Coplas de Maios 2022
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 22:04Este ano, o tempo botousenos enriba, e tivemos que botar man de xente tan experta no mundo dos maios como o profe Ramón Pastoriza, que nos escribiu unha fermosa copla para un dos barcos; pero ollo os nenos xa están empezando a facer a copla do ano que vén, e vanna rematar a primeiros de maio.
Aqui tedes as coplas coas que imos baixar este ano á Marín:
FAI A TÚA COPLA de MAIO
Enviado por josean o Mar, 26/04/2022 - 17:07Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres.
Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.
Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.
Primeiro día sin tapabocas no pavillón!
Enviado por Belen o Mér, 20/04/2022 - 23:34Mostro esta fotografía dos nenos e nenas de 2ºA, onde se pode observar o sonriso e alegría que tanto taparon dende que este virus chegou a nós. Desexo que esta alegría sexa para sempre, gozaron mais ca nunca, sobre todo, non se cansaron tanto e poideron respirar sin pedirme permiso (que me rompían o corazón cada vez que mo pedían). Desexo que este paso sexa para sempre e non volver xamais atrás!
Tiracroios
Enviado por Ruth o Mér, 20/04/2022 - 21:52Emocióna-T. Reláxa-T. Móve-T coa música
Enviado por Anónimo o Mér, 20/04/2022 - 16:43Na clase de música estivemos traballando a relaxación como actividade do proxecto Emocióna-T.
Emocióna-T coa música de Mercedes González
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »