Decembro 2021
Postal de Nadal I
Enviado por josean o Ven, 24/12/2021 - 01:00Pincha sobre cada unha das personaxes para ver que sucede
Volcáns dos 5 continentes
Enviado por josean o Xov, 23/12/2021 - 23:00Seguimos coñecendo en quinto máis cousas dos volcáns, e aprendimos que hai volcáns en Europa, Asía, África, América, Oceánía e ata na Antártida.
Papel, cola, un anaco de botella de auga,con paciencia e pintura, fixemos os volcáns do mundo.
O Monte Kilimanjaro (África)
O Popocatépetl (América Central)
Novarupta (Alaska-América do N.)
Bagana (Oceanía)
Monte Fuji Yama (Asia)
Monte Sidley (Antártida)
Tradicións e Ilusión por Nadal
Enviado por inesduran o Xov, 23/12/2021 - 21:43Así cantaron os compañeiros de 6º para comenzar o Nadal.
Outro decembro máis cantando panxoliñas.
Enchemos de faroliños un mural.
Purpurinas e brillos por Nadal.
Motivos nadaliños para recordar a Xesús,
Actividades de Nadal 2021
Enviado por Anónimo o Xov, 23/12/2021 - 12:24Aínda que non puido ser un final de trimestre como tiñamos por costume facer ao chegar estas datas, si que puidemos facer unha despedida por todo o alto grazas á colaboración da ANPA AIDÓN, ao Concello de Marín e a todo o profesorado do centro.
Deixamos nestes vídeos un pequeno resumo das actividades realizadas; e aproveitamos para desexarlle unhas Boas Festas e un Próspero Ano 2022 a toda a comunidade escolar.
Vídeo 1: Visita de Papá Noel, Mago Paco, chocolatada, entrega de premios do "Concurso de Adornos de Nadal".
Vídeo 2: O coro da profe Dona Inés alegrounos a mañá cantando estas panxoliñas.
Vídeo 3: Entrega dos premios do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"
Bo Nadal!!
Enviado por Anónimo o Mar, 21/12/2021 - 17:41Que día máis axetreado!! Primeiro escoitamos as panxoliñas que preparou a profe Inés cos nenos e nenas de 6º, logo asistimos a actuación do mago Paco e... non podía faltar a visita de Papá Noel que nos visitou dúas veces, na clase e na biblioteca!!
Ademáis tomamos un chocolate quente con churros que nos preparou a ANPA!!!
Gracias a todos e todas!!
Dende aquí desexámosvos un Bo Nadal, cheo de paz e, sobre todo, saúde !!!
A vexetación da Palma
Enviado por josean o Mar, 21/12/2021 - 13:05No microproxecto que os alumnos de 5º emprenderon ao redor da erupcion do volcán Cumbre Vieja, traballaron cousas coma a flora típica da Illa.
Simboloxía do lume.
Enviado por inesduran o Lun, 20/12/2021 - 22:15
Nas relixións da antigüidade
Para xudeos e cristiáns:
“E dixo Deus: «Haxa luz!» E houbo luz ” (Xénese 1,3).
A luz foi o primeiro don de Deus,
a súa primeira creación.
SIGNIFICADO DIVINO DO LUME
gran líder en Xudea,”
.
Chámanse cirios ou candeas de cera ás que se acenden nas cerimonias relixiosas.
Tal e como as coñecemos agora, comenzáronse a fabricar
CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL 2021
Enviado por josean o Lun, 20/12/2021 - 21:06Como cada ano chega o Nadal, e como cada Nadal chegan os concursos de Postais e contos que cada ano por estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca. Algúns dos nenos do noso centro tiveron a sorte de seren premiados nel. Parabéns a eles e tamén aos que fixeron o esforzo de levar adiante unha postal ou unha narración e non tiveron tanta sorte.
PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS
CATEGORÍA B: 1º, 2º e 3º Primaria
2º PREMIO: Álvaro Veiga Balagones.
PREMIADOS NO CONCURSO DE CONTOS
CATEGORÍA B: 3º e 4º de Primaria
3º PREMIO: Darío Pereira Omil.
CATEGORÍA C: 5º e 6º de Primaria
1º PREMIO: Ramiro Bouza Berride.
2º PREMIO: Uxía Sanjorge Pesqueira.
3º PREMIO: Aarón Carracelas Castro.
Viaxamos no tren de Nadal!
Enviado por Anónimo o Dom, 19/12/2021 - 22:24O venres demos un paseo no tren de Nadal. A mañá estaba fresquiña, pero nos íamos superpreparados e pasámolo xenial!!
I Campionato de Xadrez 2021-2022 Clasificación Final
Enviado por xose o Ven, 17/12/2021 - 19:35Rematou o primeiro campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 20 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:
En 6º curso: 1º Marcos, con 57 puntos 2º Nihal e Mateo, con 16 puntos 3º Manuel, con 15 puntos |
En 2º curso: 1º. Alfonso, con 21 puntos |
Profesores: 1º. Xosé 45 puntos 2º. Miguel 10 puntos |
Ex alumnos: 1º. Breixo, 21 puntos 2º. Darío, 12 puntos 3º. Xoel, 3 puntos |
Noraboa aos gañadores!! En xaneiro volvemos co 2º Campionato, que terá outros 20 torneos e rematará antes das vacacións de Semana Santa. E poderán participar tamén os pais e nais dos alumnos/as.
E aproveito para presentaros a REY ENIGMA, unha especie de Supermán do xadrez.
Aprende a resolver sinxelos problemas de xadrez con Rey Enigma.
E se queremos ver máis, temos aquí o seu canal de Youtube.