Septembro 2021
Bailamos a danza de Espadas
Enviado por josean o Mér, 29/09/2021 - 19:12Moi agradecidos aos tres compoñentes da Asociación "Meigas e Trasgos" e á súa directora Teresa Rodríguez, e aos gaiteiros "Os de Marín", gaiteiros na danza nos 60, que desocuparan un anaquiño do seu tempo para amosarnos como, malia estes tempos de pandemia, se baila a danza de espadas.
Parabéns tamén á pertiguista de son e á operadora de cámara, novas no choio, pola excelente grabación.
A GAITA MÁIS ANTIGA DE MARÍN
Enviado por josean o Mér, 29/09/2021 - 06:45Hoxe, a Gaita máis antiga de Marín, 200 anos ten enriba, a gaita Marañona, propiedade dunha antiga saga de gaiteiros de Mogor quixo estar connosco para celebrar o día; e para o mesmo, trouxo con ela ao gaiteiro de Picuíña, José Gil Dopazo.
Isto foi o que nos contou:
I Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022
Enviado por xose o Mar, 28/09/2021 - 08:13O vindeiro martes, día 5 de outubro, de 16:30 a a 17:30 horas, comeza o primeiro campionato de xadrez do CEP Sequelo neste curso, que rematará no mes de decembro. Este campionato será online e está aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.
Para xogar terás que seguir os seguintes pasos:
-
Rexistrarte previamente na web Lichess.org, cos datos:
-
nome de usuario coa forma breixovs10, onde breixo é o nome do neno/a, v e s as iniciais do primeiro e segundo apelido, e 10 os dous números finais do ano de nacemento, neste caso 2010;
-
contrasinal que ti queiras e,
-
dirección de e-mail (necesaria para confirmar a conta)
-
-
Inscribirte no equipo de xadrez Cep Sequelo pinchando neste enlace- (O moderador do torneo terá que aceptar a túa solicitude)
-
Unirte ao torneo. O primeiro torneo será a un total de 6 rondas (partidas), e cada unha delas terá 5 minutos de duración para cada xogador. Unha vez acaben todos de xogar a primeira partida comezará a segunda, e así sucesivamente.
Durante este trimestre organizaremos dous torneos cada semana, que serán os martes e os venres, de 16:30 a 17:30.
Haberá un gañador en cada curso, de 1º a 6º de primaria. En cada torneo sumarán puntos os 3 mellores clasificados de cada curso, 3 puntos para o primeiro, 2 para o segundo e 1 para o terceiro. Iremos actualizando a clasificación ao final de cada torneo, e podedes consultala no enlace da Clasificación Provisional. Haberá premios para os gañadores/as!!
Moito ánimo e a participar!
Podes seguirnos tamén na aula virtual do centro
I TORNEO, MARTES 5 OUTUBRO ÁS 16:30
II TORNEO, VENRES 8 OUTUBRO ÁS 16:30
TODOS OS TORNEOS NA WEB DE LICHESS, EQUIPO CEP SEQUELO
A danza de Espadas: un exército en movemento
Enviado por josean o Lun, 27/09/2021 - 19:46Es quen de atopar aos "xefes" ou mestres de danza destas danzas de espadas das Rías Baixas e identificar que os diferencia dos demais danzantes?
Aprende ademais o nome do resto dos personaxes que conforman a danza de espadas de Marín.
A Danza de espadas de Marín
Enviado por josean o Lun, 27/09/2021 - 18:28O día 29 de Setembro de moi antigo, foi día grande en Marín. Como co cambio climático e outros cambios na sociedade é difícil poder celebralo cando é lectivo, o noso centro quere celebralo como se merece dentro das nosas posibilidades. Puxemos aos nenos a descubrir os porqués, comos, candos e onde dunha das nosas festas máis tradicionais. Axiña nos chegaron os primeiros traballos como este marabilloso vídeo de Adriana Cambeiro de 2º que foi coñecer de primeira man como se preparaban os danzantes para a festa.
NOTA DA ANPA AIDÓN
Enviado por Anónimo o Lun, 13/09/2021 - 10:21
Neste curso podedes facervos socios da ANPA AIDÓN presencialmente na casa da ANPA os luns, mércores e e venres, en horario de 9:30 a 10:30 e os martes, de 17:00 a 18:00, ou mediante transferencia bancaria á conta de Abanca ES65-2080-5111-1630-4000-1830
IMPORTANTE!:
Cando fagades o ingreso poñer:
- Concepto: Afiliación á ANPA Aidón do CEP. Sequelo
- Nome da alumna/o e curso.
Enviádenos por WhatsApp ao teléfono da ANPA 684340673, unha foto cos datos do pagador (nai/pai/titor/a).
Custo: 18€ por familia.
Porque facerse socio da ANPA:
- Defendemos os dereitos e intereses dos alumnos e as súas familias, somos a ponte que conecta ás familias coa administración.
- Colaboramos co Equipo Directivo do centro nas actividades que se realicen ou nas necesidades que se presenten ao longo do curso.
- Promovemos servizos de conciliación como o Plan Madruga, o comedor escolar e as actividades extraescolares da tarde.
- E ademais obterás descontos en moitos negocios locais de Marín.
ASÓCIATE!
Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2021-22
Enviado por xose o Mar, 07/09/2021 - 23:01O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.
O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (xoves).
Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
EQUIPACIÓN PARA EDUCACIÓN FÍSICA
Enviado por Belen o Mar, 07/09/2021 - 15:13ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Estimadas familias:
Como sabedes, cada grupo-aula terá 2 sesións semanais de Educación Física.
Estes dous días será necesario que o/a neno/a traia á escola, para poder realizar as sesións, o seguinte material:
-
Roupa deportiva:
-
Chándal, mallas, camiseta,… cómodos.
-
Evitar prendedores no pelo e colgantes cos que se poidan mancar. O pelo longo debe estar recollido cunha goma.
-
-
Calzado deportivo:
-
Calzado deportivo cómodo. De ser posible con velcro, sobre todo no caso de non saber atar os cordóns.
-
Os días de choiva, que iremos ó pavillón deberán traer outro par de zapatillas ou tenis secos e así evitar riscos innecesarios (esvaróns, caídas, golpes,…) e para non raialo nin estragalo.
-
-
Unha mochila ou similar con:
-
Seguindo as Instrucións do Protocolo de adaptación a COVID-19, o uso da máscara será obrigatorio tamén durante as sesións de Educación Física. De maneira opcional, poderase traer unha máscara a maiores para o seu cambio logo das sesións de Educación Física.
-
Toalla pequena para secar a suor ó rematar as sesións de Educación Física.
-
Una botella de auga, xa que é recomendable beber antes, durante e despois das sesións de Educación Física, evitando a deshidratación.
-
Unha viseira, para protexer a vista e a cara do sol, cando as sesións se realicen nas pistas exteriores.
-
Para evitar riscos de contaxio e en cumprimento das normas de seguridade ditadas no Protocolo de adaptación a COVID-19, debido a que actualmente está prohibido utilizar os vestiarios do pavillón municipal, vémonos na obriga de suspender (mentres a situación actual da pandemia o requira) a muda de camiseta despois das sesións de Educación Física.
-
Deste xeito, só se mudará a camiseta en casos excepcionais.
Aínda que o exercicio físico que se practica nas sesións de Educación Física non é de alta intensidade e está adaptado ás capacidades das alumnas e dos alumnos, é importante que a mestra de Educación Física teña coñecemento e estea informada das lesións ou enfermidades que poidan sufrir as nenas e nenos, co fin de evitar actuacións pouco axeitadas e procurar a súa recuperación.
Deste xeito, será imprescindible comunicar as posibles doenzas que poidan sufrir os seus fillos/as, xa sexa de tipo cardiovascular, alerxias, dificultades respiratorias, etc. Nestes supostos, sería aconsellable facernos chegar as recomendacións médicas para a práctica de exercicio físico.
Toda información que nos faciliten será tratada de xeito totalmente confidencial, tal e como se dita na Lei de Protección de Datos e no Protocolo de Protección de Datos editado pola Xunta de Galicia, sendo tratados sómente para os fins anteriormente expostos.
Póñome a súa disposición para aclarar calquera dúbida. Moitas gracias pola colaboración.
Un saúdo cordial,
Ana Belén Mata Vidal
Inicio de curso 2021-2022: horarios e accesos
Enviado por Anónimo o Mar, 07/09/2021 - 09:27Estimadas familias, lembrámoslles que o vindeiro xoves día 9 de setembro comeza o novo curso. Dámoslles a benvida e deixamos os horarios de entradas e saídas.
Os grupos de 1º, 3º e 5º cursos entrarán ás 9:00 e sairán ás 14:00.
Os grupos de 2º, 4º e 6º entrarán dez minutos máis tarde, é dicir, ás 9:10 e sairán ás 14:10.
Como excepción, no caso de que dous irmáns teñan horarios distintos poderán entrar os dous de 9:00 a 14:00.
Un saúdo e moito ánimo para este novo curso.
GRUPOS |
HORA ENTRADA |
ENTRADAS/SAÍDAS |
HORA SAÍDA |
6º A |
9:10 |
Entrada principal esquerda |
14:10 |
6ºB |
9:10 |
Entrada principal esquerda |
14:10 |
5º |
9:00 |
Entrada principal esquerda (lateral esquerdo) |
14:00 |
4º |
9:10 |
Entrada traseira (lateral dereita) |
14:10 |
3º |
9:00 |
Entrada traseira (Aula de Música) |
14:00 |
2ºB |
9:10 |
Entrada traseira patio das columnas |
14:10 |
2ºA |
9:10 |
Entrada traseira patio das columnas |
14:10 |
1º |
9:00 |
Entrada principal dereita |
14:00 |