Marzo 2021

Taller de ecopercusión

Xa que este ano non podemos ter a clase de música na nosa aula, e as clases de música son dun xeito moi distinto a anos anteriores; os días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 5º e 6º participou nun taller de ecopercusión (percusión con materiais de reciclaxe), ao aire libre e con todas as medidas de seguridade a cargo do profesor de percusión Didier Díaz. 

Parece ser que fixeron un pouco de ruído, pero despois dos primeiros compases de ensaio soaban estupendamente e foron a envexa de todo o colexio.

Aquí vos queda unha pequena mostra de como se desenvolveu a actividade.

O cofre do tesouro

Esta actividade presentámola contándolle aos nenos/as que temos un cofre cun tesouro dentro, o tesouro máis grande do mundo. Eles poderán velo de un en un pero non poderán dicir ningunha palabra do que ven dentro ata que termine o xogo.

Cando todos miraron o interior do cofre pídeselle aos nenos que digan que obxecto atoparon dentro. Moitos dirán que atoparon "un espello", pero algún deles, despois dalgunha pista previa dirá que o tesouro era el mesmo, que se viu no espello. Todos os demais irán caendo na conta de que eles son o mellor tesouro. 

Podemos rematar comentando a importancia de que somos seres únicos e irrepetibles e iso nos fai ser o máis valioso do mundo.

21 MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA "Versos compartidos"

A UNESCO, no ano 1999 decidiu declarar o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía. Buscábase apoiar a diversidade lingüística e promover a ensinanza da poesía, a tradición oral dos recitais poéticos e darlle visibilidade á poesía como arte de expresión.

No CEP SEQUELO queremos celebralo o vindeiro luns, 22 de marzo mediante a actividade "Versos compartidos"

En cada clase trabállanse un ou dous poemas. Os nenos "maiores" son os padriños lectores dos máis pequenos. Na hora de ler intercambiamos recitados de poemas, gardando, por suposto, as normas do protocolo Covid-19.

No seguinte mural Padlet poremos unha mostra do que imos facer pero está aberto á participación de todos e todas. Dende a casa, dende onde queirades podedes subir as vosas gravacións, vídeos, fotos, textos de poemas propios ou de autor recoñecido. Só tendes que pinchar no + e subir o voso arquivo. Anímate!

Hecho con Padlet

O banco da Igualdade

Xa temos no colexio o banco que  O Concello nos decorou co lema creado por Antía Cordal García, con motivo do Día Internacional da Muller.

Sentidiño no comedor escolar

O noso comedor da man da monitora Paula convertido nun recuncho non só destinado a alimentar o corpo, senón tamén o espírito. Cada día estes rapaces sorpréndennos pola súa creatividade.

ACCIÓN POÉTICA EN VIOLETA

Para o 8 de Marzo os rapaces de 6º decidiron organizar a súa propia Acción Poética, desta vez de acordo do día cambiando a estructura da acción, que polo xeral soe ser nun fondo branco. Non podía ser doutra cor que violeta e sobre ese fondo crearon frases de futuro para o día de hoxe, enchéndoas de contido porque eles realmente cren nelas.

Chega a primavera á Horta Escolar

No mes pasado os alumnos de terceiro comezamos a traballar na horta sementando guisantes e plantas nas xardineiras dos patios.

Día Internacional da Muller 2021: Un pouco de historia

Como xa sabedes o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, para que coñezades un pouco máis sobre a data, deixámosvos dous vídeos explicativos.

O primeiro é unha breve historia de porque o 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller; unha data na que se celebran os logros acadados na loita pola igualdade. Tamén é un día reivindicativo polas discriminacións que aínda perduran na sociedade.

O segundo, fálanos dalgunhas mulleres que fixeron historia para que hoxe o movemento feminista cobre máis forza.

 

  

No "Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística" hai dúas entradas con enlaces de interese, por se queredes saber un pouco máis sobre a data. 

  1. Día Internacional da Muller. Un pouco de historia sobre a data
  2. Reflexionamos co poema "Un gato con moito morro" da autora Azucena Arias

Alborada de Rosalía 2021

A partir das nubes de palabras que fomos realizando individualmente para cada anaquiño de poema, xunto co uso da radio para grabar as voces, tratando o texto dos videos con ciberlink,e  a partir da inspiración dun vídeo de finais dos 80 dos Talking Heads e co fondo musical doado polo gaiteiro Jose Francisco Gil coa gaita Marañona, a máis antiga de Marín (que pode ter máis de douscentos anos), os nenos construíron este videopoema.

Día de Rosalía 2021. Nubes de palabras coas palabras de Rosalía

Para conmemorar este ano o Día de Rosalía o alumnado creou estas nubes de palabras; como veredes uns preferiron crealas de xeito manual dándolle un enfoque máis persoal,  e outros probaron sorte co dixital utilizando diversos xeradores de nubes de palabras. Nos dous formatos quedaron xenial, aquí tendes unha mostra do resultado.

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.